2018

PRIMEIRA SEMANA DE MES

Comezamos o mes celebrando o  sábado día dous na igrexa parroquial o cabodano da sra. Amable Díaz da casa Benjamín de Campelo e a muller de Benigno de Quevedo.

O domingo día tres non celebramos a misa do Corpus Cristi tal e como viñeramos celebrando sempre por haber  misa o sábado e a avanzada idade  do cura párroco así como a falta de participantes fixo que alo menos nesta primeira fin de semana de mes non se celebrara.

Comentar que a falta de tempo obrígame a facer menos entradas na páxina. Engadin tres fontes de noticias na portada para que  cando entredes podades ollar noticias de actualidade.

Teño que comentar unha crítica á malversación de diñeiro público que se fai diante das nosas narices por parte de empresas subcontratadas que supostamente teñen que parchear pistas. Dende estas liñas suxerir , por se alguén con poderes pode facer algo, que vaian metendo nun peto  o que aforren de non facer este tipo de actuacións,  xa que,   este espectáculo público de botar cunha pala riba dun bache encharcado e sen limpar unha presa de amasado de alquitrán con gravilla e deixarlo sen cubrir,  sequera,  e facer isto con medio de cada cento deles que hai, isto  é prevaricación, por si alguén no sabía moi ben o significado, isto  non é outra cousa que facer unha cousa sabendo que está mal feita.

"Proviene de praevaricari y tiene un origen más curioso. En las labores del campo designaba la acción de torcerse al arar un surco y salirse de la recta (prae = delante, varicari = torcerse). Con su paso al mundo jurídico, tomó el significado de apartarse de la norma moralmente recta."

Por outra banda  recuperar á figura de caminero é unha necesidade para as nosas parroquias e vilas xa que os Concellos non se encargan do mantenemento nin a Deputación tampouco.

Remitir unha carta a diputación de Lugo expresandolle o malestar que temos en Piño  pola falta de arranxo dos 150 metros de carretera de acceso que temos a entrada dende a nacional é outra necesidade sen cubrir así como apremia tamén limpar os perexiles que xa non permiten unha circulación segura por ela.

Así que da igual quen goberne que hai moito que facer e pouco interese en facelo por parte de todos. Non hai vontade.

Proximamente poñerei unhas fotos para que podades constatar o que acabo de dicir.


MEDIADOS DE MES

O venres día 8 faleceu na casa Morales, Doña Remedios Rguez Fdez oriúnda da casa Blanco de Ribas Pequenas e que levaba setenta anos sendo veciña de Piño  por casar con  Manuel Morales. O domingo ás sete e media da tarde celebrouse a misa de funeral na igrexa parroquial e deseguido o seu  traslado ao ceminterio parroquial.  Multitude de persoas de todos os pobos colindantes viñeron a darlle o último adeus. Era moi querida  e coñecida por todos pese a ser tachada moitas veces de curiosa. É  ben sabido que lle gustaba investigar e estar á última do que acontecía . Esa maneira de ser fixo que fose criticada moitas veces por todos pero do mesmo xeito gañouse o respecto e o cariño da xente,  xa que era servicial, disposta e  traballadora  . Era unha persoa que ía de frente e non se andaba con medias tintas, amiga de contos pero sobre todo amiga de axudar aos demais.  Deixa pois un vacío importante na nosa parroquia que perdeu neste fin de semana a unha das súas persoaxes máis entrañables. D.E.P.

E mentres en Piño estivemos de loito en San Xiao de Veiga estiveron celebrando as festas do Corpus Cristi, con misas solemnes, procesións, xantar popular, fogos artificiais e  orquestas á noitiña.   A esta parroquia pertencen os lugares de Centeáis e parte de Vales aínda que os enterros fanos en Piño.

O mércores 13 de xuño celebramos o San Antonio en Piño cunha misa na que participaron máis dunha vintena de persoas.


FINAIS DO MES

As cegoñas están a piques de marchar, como podes ver na imaxe xa están grandes e fortes.

Tamén vemos como có calor a xente madruga a camiñar ben cedo.

E na última imaxe aparecen dous papeis de convocatoria para reunións dos membros da asociación veciñal Santa Bárbara e dos comuneiros da de montes para o próximmo día 30, unha deseguido da outra.

E así rematamos o mes. Expreso sí,  o meu rexeitamento público a tala das árbores autóctonas do común se non hai un acordo de arrendamento que xenere ingresos para o pueblo. Non comparto o de arrasar có noso a cambio de nada . Deixarse untar  por subvencións que benefician a terceiros e van en contra dos intereses dos veciños.

 

 

Primeira e Segunda Semana de Mes

Comezamos o mes na parroquia celebrando a misa do domingo día 1 de xullo ás 17 horas pola celebración dunha primeira comunión. 

Nas imaxes podedes ver  o polémico potro  que segundo as informacións  das partes implicadas  parece ser que van a renunciar a él no concello as persoas que reclaman a propiedade do sitio no que se atopa .

Todos os veciños recibiron no seu domicilio unha carta do concello informando dunha reunión no local social da parroquia para o próximo 12 de xullo de 2018 as 11:00 horas para tentar de resolver as discrepancias ou dúbidas xurdidas coa regularización catastral.

Co bon tempo, aínda que case non parou de chover no que levamos de xullo comezan as obras de reparación de teitos, desbroces e da sega.

José Manuel Danesa reparou as cancelas do atrio parroquial  e o mesmo pedáneo  Jose Manuel de Campelo, tamén podou as árbores do lugar. Algún veciño tamén segou un pouco a carreteira principal dende Lamaredonda ata a costa facendo unha gran labor xa que estaba moi perigosa a circulación e  dende o concello responderan que ese traballo pertencía á Deputación.

O día sete tivo lugar a V edición da Feira Guímara na Pobra . Podedes ver unhas imaxes e un pequeno vídeo do momento na seguinte ligazón.

https://aldeasgalegas.com/index.php/gl/89-verano/192-guimara-2

Segunda Semana de Mes

En canto á reunión prevista no local social acudiu xente de Vales - Veiga, Santalla de Rei e Piño. Tamén veu o alcalde do Concello quen fixo unha introdución sobre o tema do catastro para informar aos veciños de que visto a situación tan prexudicial para os que vivimos no rural desta subida do IBI e os atrasos correspondentes,  que partiu do goberno central promovida polo partido Popular na suba do valor catastral, o concello viu a necesidade de por a dispor  dos veciños un servizo de asesoramento para solucionar os problemas derivados.

Ao rematar esta introdución eu mesma lle preguntei que parte da recadación extra que por este motivo tivo o concello ía a adicar a pagar débeda ao que respostou que nos once anos que levan gobernando xa a reduciu a metade e que están a pagar anualmente en torno aos 70 mil euros . Dedúcese que non van a aminorar máis a débeda xa que a recadación irá destinada a creación dunha residencia de maiores de xestión Pública na que aportaran 200.000 € e os terreos onde se vai afianzar e a Deputación  aportará o restante, algo máis dun millón de euros. A residencia contará con corenta prazas públicas onde os veciños da Pobra serán os primeiros beneficiados.

Houbo unha activa participación dos asistentes  que aproveitaron a ocasión da visita inesperada do Alcalde para participarlle de problemas tanto públicos como persoais.  

En canto aos problemas públicos  están o da levada ao punto limpo do concello  de enseres   que na actualidade non se pode levar a cabo polos veciños  dado o trastorno que supón e a avanzada idade da maioría. José Luis Maceda, comentou que hai unha ordenanza municipal que cobra algo simbólico por vir a recoller este tipo de enseres.. Dende o público instoúselle a que este servizo sexa de balde e que se realice en data fixa alo menos unha vez cada dous meses , pasando un vehículo público do concello a facer a recollida.

Tamén se falou do tema da depuradora do Fontao, informóuselle de que non está enchufada a corrente ou que non funciona e que o mantemento está pendente de facerse.  Xa non é o problema das augas fecais senón dos vertidos químicos que se están a facer sen contemplación ningunha do medio por parte dos que realizan lavados industriais con produtos contaminantes.

O alcade recordou aos veciños a obriga de ter unha fosa aséptica  en cada domicilio,  xa que a depuradora está pensada unicamente para augas pluviais ou xa descontaminadas. Si algún veciño denuncia estes vertidos, que o pode facer a solución terá que ser inmediata.

Como primicia Maceda Vilariño informounos aos presentes que estaba tratando de solucionar o problema que hai co transporte público  que en parroquias como Piño ou a Ferrerúa pasa pero sae as 08:00  e volve as 19:30 horas polos que os usuarios deste servizo vense obrigados a permanecer toda a xornada na vila de Monforte ou coller un taxi. A solución que propuxo foi a de que ese autobús regresase as 14:30 horas e en canto a parroquias como Oútara ou Vilachá que de momento non contan con servizo público de autobús  a partir do ano que ven si o terán realizándose a petición telefónica previa dos interesados en usalo, teléfono que se poñerá ao alcance de tódolos veciños de cara ao ano que ven.

Déixovos un pequeno audio da reunión.

E para rematar comunicar que o próximo 21 de xullo as 17 horas haberá unha reunión no local social para renovar aos representantes da asociación veciñal de Piño Santa Bárbara. Esta reunión débese en parte a que na anterior reunión  houbo dimisión do cargo de Presidencia.

Todo o que se fai por o pobo non debe de criticarse, xa que cada un que aporta esforzo e traballo para que as cousas vaian ben é encomiable. Sí é verdade e que ese esforzo debe ser constante e as cousas han de intentar mellorarse. Non vale calquera cousa e de calquera maneira.

Irregularidades na CMVMC non están tendo consecuencias porque non se tira da manta, xa que perseguimos a unión  do pobo e non queremos conflitos. Non soamente eu senón máis xente e consciente desas irregularidades. E como ben publiquei en anteriores ocasións a Comunidade de Montes non ten socios senón comuneiros e o órgano de representación é a Xunta Reitora,  comento agora que a Asociación de Veciños non é correcto nomeala como comunidade de veciños, e que non se pode nomear aos representantes da mesma como Xunta Reitora xa que esa denominación é exclusiva da CMVMC, no caso de asociacións veciñais noméase Órgano de Dirección ou coloquialmente falando Representantes da asociación. Este tipo de cousas fan que cando un veciño que non se decata xa moito aínda se decate menos xa que non sabe nin quen está convocando, eso sin ter en conta que todas as comunicacións teñen que ser asinadas por alguén e iso non se está a facer.

Veciños, non vale todo, e non é ser "toca huevos" como diría o "Pepiño", precisamente como somos unha parroquia que persegue a súa supervivencia debemos  traballar para facer as cousas correctamente.

 

O día nove en Castroncelos estivo Ana Pastor a xornalista có motivo da busca dos corpos das vitimas da represión franquista.

Ligazón á noticia. http://xornaldelemos.gal/sen-categoria/2129-reinician-os-traballos-para-atopar-os-corpos-das-vitimas-da-represion-franquista-en-castroncelos/

 

Terceira e cuarta semana de mes

Unha vez corrixidas as erratas ou faltas ortográficas do texto superior, prosigo contándovos o que rematou de pasar nestes días.

O 14 de xullo unha vez máis Feira Outrora en Rubián- Déixovos a ligazón ao artigo que elaborei para o concello de Bóveda .

O 21 fun a Veneira de Roques a misa e xantar da festa na honra a María Magdalena. Antigamente ían de Piño  camiñando, en Ferreiros xuntábanse cos de alí e subían todos a celebrar ao longo da xornada. O propio día é o 22 e aínda que non tiveron festa si houbo xantar de confraternidade.

 

Foto antiga

 

Da reunión da asociación Santa Bárbara saíu  Presidente o actual pedáneo. Hai un esforzo para que non se disolva. Tamén saíu unha vocal nova.

En canto ao común do Xuncal trala proposta dun veciño que vai  a recoller sinaturas para solicitarlle á "Comunidade de Montes" que lles deixe o campo de fútbol  e conta có apoio da Asoc. Veciñal Sta Bárbara. A maioría dos integrantes da Asoc. de Veciños tamén son Comuneiros polo que non terán ningún tipo de problema para que isto sexa así, xa que en calquera CMVMC  as decisións son tomadas en consenso por todos os comuneiros e non dependen da xunta Reitora unicamente.

Comento isto porque xa empezaron os veciños que poden  a talar,  cortar as árbores autóctonas que poboan o Xuncal. É lamentable que non poidan servir á xente maior do pobo esa leña. Seguramente moitos estarían dispostos a recibila aínda que tivesen que pagar algo porque llela levaran a casa e por cortala. Sempre lles sairía máis económico. Todo apunta a que se isto no se fai e non se lle da a posibilidade a todos os comuneiros e veciños  a que esta leña que quede sen cortar cando veñan as máquinas que van arrasar o Xuncal van arrancalos, enterralos ou mesmo queimalos sen beneficiar a ninguén.

 

 

 

 

 

4ª Semana de Agosto

Rematamos o mes cunha reunión no local social para a compra dun campo para o pueblo. Dito terreo atópase a uns 200 metros da igrexa parroquial de camiño a Vales e pertence a dúas persoas de Piño que teñen residencia habitual en Barcelona. O custe do mesmo con rexistro a nome da asoc. veciñal Sta Bárbara  ronda os 6000 € o que suporía un desenvolso de 120 Euros por parte de 50 veciños.

Proximamente saberemos si esta iniciativa sae adiante. Según indicaron fontes cercanas todos os presentes na reunión amosaron o seu interese.

 

alquitranado

Por outra banda o 28 de agosto, o pedazo de carretera que vai dende a Chá de Ribas ata  o cacho do concello da Pobra, que estaba sen asfaltar, levou unha capa de gravilla salpicada de alquitrán o que fará que alo menos se conserve nese estado ata o inicio das primeiras choivas, un par de meses aproximadamente.

 

 

 bache novo

En canto á carretera que fora asfaltada en quente no seu tramo de Pobra fai moi pouco tempo, sufriu agrietamento en varias zonas e non foi inxectada. Cerca da nova granxa de porcino, fendeu e fíxose un burato ocasionado probablemente polo peso dos grandes trailers que trouxeron as pezas, palas e outras maquinarias pesadas que se usaron para dita obra.

 

 

 

 2ª e 3ª Semana  de Agosto

 vodas de prata

O mércores día 15 na igrexa parroquial misa da AsuncióVodas Prata Rosa e Tomásn na memoria de Antonio Pérez Quiroga da casa de Forguitaina e renovación de votos no 25 cabodano do matrimonio da súa neta María Rosa, que celebrou así as vodas de prata.

 

 

 

misa na festa de Santalla de ReiNeste fin de semana 18-19 foi a festa da Santa Lucía en Santalla e do San Roque en Ver.

 

O sábado  día 18 de agosto as 18:30 cabodano de Jovita da casa de Paz, mai de Sindo. Á hora da comunión o noso párroco tivo un achaque e a misa finalizou con gran preocupación polo seu estado por parte dos feligreses. Foi trasladado ao hospital comarcal onde logo de facer probas quedou ingresado. A súa vida non corre perigo pero si estará uns días convaleciente.

 

 

 

 


1ª Semana de Agosto

Rematamos xullo cun accidente no fondo da costa , enfrente ao sitio de Balboa. Tanto a Voz de Galicia como O Progreso fixeron eco do acontecido na que se viu implicado un camión de Finsa baleiro e unha rapaza de Eixón.

Rapidamente o concello da Pobra enviou a limpar as cunetas que tan perigosas estaban xa que as máquinas da Deputación non o fixeron e a xente que veranea nestas terras xa está nos lugares de residencia habituais. Parece ser que o mesmo concello sufriu unha chamada de atención por facer esta tarefa tan precisa, porque segundo fontes da Deputación non entra dentro das súas competencias.

O sábado día catro xantar no local social organizado pola asociación veciñal Santa Bárbara. Pódese ver no mes de xullo a foto do anuncio. O venres día 3  as oito e media do serán na librería Agrasar de Monforte houbo a presentación do libro "Conexiones Naturales" de  Carlos Villarrubia , con raicés de Piño, neto do Marcial o cantineiro. Foron moitos os veciños que se acercaron ata o lugar a acompañalo neste momento.

Si alguén quere a foto orixinal con boa resolución pode solicitala a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  xa que na seguinte galería están con pouco peso.

 

Galería imaxes Agosto 2018

 

 

 Mini-Vídeo Momentos


 

Remate de Setembro

Podemos ver na imaxe que algúns veciños xa fixeron a vendima. Este ano en xeral foi un moi mal ano de uvas na nosa aldea. A maioría sufriu unha peste no mes de xullo que non deixo apenas racimos.

En canto a outras novas podemos dicir que o cura párroco segue de baixa e non sabemos si poderá incorporarse en outubro.

Segundo fontes cercanas a compra do campo para a festa se ve que vai bastante ben, que a xente está participando e aportando a cuota que puxeron, salve catro ou cinco que non participan. Hai bastante indignación e polémica por actos que se están a producir na parroquia. Algunhas persoas expresaron públicamente que  os primeiros que teñen que pagar son os que están roubando a leña de TODOS os veciños da parcela do XUNCAL.

Queridos amigos e detractores, non falar de algo non evita que se descoñeza. O sentido común na nosa parroquia brilla pola súa ausencia e a liberdade de expresión está secuestrada.

  

Segunda quincena de mes 

Lamentamos a perda de José  López Díaz  da casa do José de Barroso que finou o sábado 15 de setembro aos 93 anos de idade no hospital comarcal de Monforte.

Deixo unha  ligazón que explica un pouco  a vida desta persoa, educada e elegante donde as  haxa, publicado  no portal Nosolocine.net , de seu fillo José Lito, En memoria de José López Díaz, padre de José López Pérez. Por Miguel-Fernando Ruiz de Villalobos . 

O domingo 16 de setembro as 18 horas celebrouse a misa funeral na igrexa parroquial e deseguido o traslado do cadaleito ao ceminterio. 

O José de Barroso é a primeira persoa que vai ser enterrada na parte ampliada do camposanto. D.E.P-

  

Eventos

O vindeiro fin de semana, 15 e 16 de setembro festas do Ecce Homo en Rubián Bóveda

O Día 22 na Pobra do Brollón https://aldeasgalegas.com/gl/92-outono/207-cores-outono, Faladoiro, Circo e Concertos, noutra nova edición das Cores do Outono.

 LIGAZÓN A REPORTAXE DAS CORES DO OUTONO

Máis novas

O día cinco, mércores,  misa funeral de Doña Mari Carmen Castillo San Miguel, de casa Antonio Alvarez, irmá de Tina que faleceu o pasado sete de agosto aos 82 anos de idade, logo da misa,  traslado ao ceminterio parroquial dos seus restos incinerados.

O día 8, sábado,  de novo misa funeral na igrexa parroquial e deseguido ao ceminterio acompañamos a outra apreciada e querida veciña, Manola Piñeiro, casa do Nicanor, a muller de Antonio Silvarrey D.E.P. 

E mentres en piño estivemos de enterros en Bóveda celebraron o San Xil e en Ribas Pequenas os Remedios. No campo de futbol xogaron os de Rivas contra os de Martín.

Primeiros dez días do mes

O día tres eu mesma inaugurei en Monforte unha mostra de fotografías de Oficios e Ferramentas antigas. O ano pasado fixen unha primeira parte, as imaxes e textos recollen profesións a piques de desaparecer ou xa desaparecidas para acercalas ás novas xeracións. Link Reportaxe  -   Link Web Retratos - 

 Entrevista sobre a exposición para Onda Cero

 

 

 

 

Máis Novas

Moitos veciños venderon pinos e madeira das súas fincas privadas polo que os paisaxes están  mudando. 

Desbrozaron os camiños ao Castro.

As choivas deste días desfán de novo os camiños recién arranxados. 

Añado as imaxes fotos do mes pasado do desbroce en Outeiro e do arranxo da pista de Pompedriña. 

Flores de Defuntos no ceminterio parroquial e no antigo ceminterio do Castro. Vista da actual da Granxa de  marraus do Rodo e de colmeas no Castro.

   

Primeira Quincena de Mes

Comezamos novembro coas misas no día de todos os santos e o día de Defuntos.

No local social a asociación Santa Bárbara fixo un xantar no que participaron algo máis de vinte persoas. Un arroz caldoso, cerrotas, castañas e viño novo foron o menú otoñal elexido para a ocasión.

O sábado 3 na igrexa parroquial  bautizo de Cloe, filla da Marta, neta de Nelita e Jesús de Cantinera.

O domingo 04 de novembro houbo reunión no local social da CMVMC onde acudiron uns cantos veciños. Máis Info Sobre a xestión do Monte Comunal no 2018

Segunda Quincena de Mes

A idea de unir non é  a mesma que a de desunir. Moitos tal vez teñades metido no miolo  que a miña intención é esa, a de desunir.  A iste pensamento alego que non, que son unha persoa que cree na unión. E como creo na unión penso que ésta debe facerse sobre cementos sólidos, non sobre borralla.

A páxina de Piño é como  o correo de antes. Esas cartas que lle enviaba miña avoa a súa cuñada a Arxentina. 

O destino dela son as persoas relacionadas coa parroquia e que teñen este medio como instrumento de relación. A carta que escribo cada semana, ou cada mes, ou cada quincena  é pensando en cada unha das persoas que están pensando en recibir un novo comunicado.

Esta páxina non naceu para  menospreciar á nosa fermosa parroquia, nin para criticar sen motivo actuacións das persoas que nela viven. Polo contrario esta páxina naceu e persegue o obxectivo de ser unha base de datos da historia que nela se desenvolve. Un lugar onde cada un que entre poda consultar  algún dato que lle poda resultar de interese ou saír de dúbidas de en que data faleceu alguén ou se fixo algo trascendental.

Considero que podo decir publicamente o que pasa na nosa parroquia, e ainda que me gustaría non deixar de contar cousas boas, polo visto esas novas son as menos. Son 13 anos poñendo feitos  que nela se desenvolven e dándolle a opción aos veciños de vetar o contido.

Esixir explicacións e pedir responsabilidades  ás asociacións que xestionan o patrimonio do Pobo polos seus feitos, reitero que, non é faltar aos principios éticos fundamentais.  

Decirlle aos meus detractores, que poden denunciar o meu traballo altruista nesta Web. Si o fixeron nalgunha ocasión remitíndome burofases intimidatorios,  nada priva que o poidan volver a facer,  pero que o fagan directamente e que non anden sembrando pra ver si outro o fai por un.

 Decir tamén que me desencanta moito ver  inxustas  opinións sobre esta Web e o que nela se publica. Nin se desvela ningún segredo, nin se falta á verdade.

2005 - 2019 Peruchela

Hay 367 invitados y ningún miembro en línea