UN ANTROIDO PASADO POR AUGA
No noso concello da Pobra do Brollón as celebracións do Entroido en Salcedo tamén foron suspendidas e nin houbo teatro, nin danzantes e mandames nin o Oso se viron entre as multitudes que se viñan deixando ver ata esta nova realidade de Pandemia.
Si a tradición de Compadres e Comadres estaba nunha situación de continuidade complexa este ano non lle axudou moito a revertir a tendencia xa que os habituais concursos entre parroquias promovidos polo concello tamén foron suspendidos.
É verdade que eu percibín a nivel xeral tanto en Ourense como noutras zonas da nosa rexión moitos bonecos tipo compadre/comadre que luciron á vista lembrando a presenza do carnaval en Galicia en sustitución das máscaras que tiñan que estar de festa rachada nestes días de pre-coaresma.
Cómo estades amigos??
No pasado mes de xaneiro o noso veciño Carlos Pérez saíu nunha reportaxe da TVG
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/come-a-comarca-as-batallas-6-4756675?t=0
que podedes ver na ligazón.