Marzo 2019

 BREVES 2ª QUINCENA DE MES

 

No local social reuníuse Xavier Glez, o cabeza de lista polo PSOE á alcadía para comunicarlle aos veciños novas en referencia a luz do local social.

 

 

 

BREVES 1ª QUINCENA DE MES

  • O luns de Entroido deuse sepultura no ceminterio parroquial á sra. Magdalena Docasar Pita, natural de Vales.
  • A asociación Santa Bárbara adquiriu unha parcela de 1275 metros cadrados no Pedredo.
  • As obras do Potro están rematadas.
  • Reparouse estes días a rúa do Pacio ata Suhortos cunha capa de grabilla e alquitrán.
  • Gran exito do entroido no concello.

 

 

Crónica 

Os montes comunais e o campo da festa seguen sendo temas de actualidade entre os veciños.

Debido a tala de pinares as empresas que levaron a madeira deixaron os camiños da parroquia con grandes desperfectos.

Non sabemos quen vai correr coa responsabilidade de volver acondicionalos.

O PSOE da Pobra nas pasadas eleccións  promoveu a estrada de Piño para reparala, con aglomerado en quente, coa Deputación Provincial .

Lamentablemente as obras da granxa de porcino causaron un estropicio grande no tramo que vai dende a ponte do canal ata ela, mesmo cun socavón. 

Moi importante non é soamente facer as obras senón tamén mantelas. Sería moi recomendable inxectar alquitrán nas gretas e reparar o burato antes de que vaia a máis.

O outro día chamáronme langoretas. De verdade que non saben o que mordo a lingua para non faltarlle a ninguén xa que ganas non me faltan.

E sin faltarlle a ninguén opino,  que a luz do local social sería unha boa cousa se fose con placa solar.

Non tería que opinar sobre o campo que comprou a asociación duns cantos veciños para ter a festa de todo o pobo. Persoalmente paréceme  unha mala opción, por situación e por moitas cousas máis. No obstante  eu non son socia nin pago polo que me da  un pouco igual.

Opino que pouco favor se lle fai a un pobo cando por favorecer os intereses duns poucos asoballas os dereitos dos demais. 

Dirialle aos políticos que andivesen con pes de plomo xa que por moitos favores que fagan os votos son os que son e xa teñen dono. 

Se queres saber máis usa as canles convecionais de cotilleo que se seguen a manter na actualidade.

 

2005 - 2019 Peruchela

Temos 299 anónimos e ningún membro en liña

Considere axudar ao mantenemento desta WEB