Comprar Libros e Papelería

As Grandes Casas das Aldeas

Poñerlle un nome a unha casa dálle  un certo valor engadido. Cando indagas e non te conformas có que che contan e investigas e segues insistindo, pouco a pouco van caendo tabús.  Porque na actualidade non soamente desaparecen as aldeas senón que con elas desaparece a súa historia, e  iso  ten  remedio.
Cando comecei co proxecto de recollida de datos das casas de Piño foi para previr o futuro abandono do lugar e das vivendas que o conforman deixando patente os coñecementos recollidos da tradición oral.
Convido a máis xente a dar este paso, para que escriban e compartan publicamente o que saben das historias do seu lugar  co obxectivo  de  transmitir o existir dunha época e duns personaxes que  aínda non moi lonxe no tempo,  de non intervir sería como si nunca existisen.
Esta sección da páxina ten o  obxectivo de ter máis claro  a orixe  de cada unha das casas da parroquia de Santa María de Piño.  Se alguén quere colaborar e aportar algúns datos máis, ou aclarando algún matiz,  pode facelo  enviándome un mensaxe ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Así mesmo  se alguén non quere que apareza  a súa casa  ten que comunicarmo  así como si se sente molesto có contido e quere censuralo  para dese xeito dala de baixa. 
Pido paciencia có tema das casas, faltan algunhas por incluír e faltan moitos datos por poñer.  

Considere axudar ao mantenemento desta WEB

Peruchela Rocío (2005 - 2020) - www.peruchela.es

Temos 43 anónimos e ningún membro en liña