Xantar de Antroido
Este domingo día primeiro de marzo, xantar de entroido no local social da parroquia organizado pola asociación de veciños.
II FASE Coñece o teu camiño
Retomamos o camiño de inverno a Santiago todos os domingos do mes de marzo ata chegar á capital.
+ Info
NOVO LIBRO
Mirian é de Bóveda, os seus pais son os dous de Piño, é filla do Pepe do Galgo e da Carmiña da Marela.
Dende estas liñas desexarlle os meus parabens por esta iniciativa.
Xoves de Comadres 2020 en MONFORTE
NECROLÓXICAS
O día 19 de febreiro finou D. Aquilino Vila de casa Portelo
Mañá día 20 as catro e media da tarde, misa de funeral e deseguido sepelio no ceminterio parroquial.
D.E.P.
Este mes de febreiro tamén temos que lamentar a perda de Rosaura Casas Carril que finou aos 94 anos de idade. Rosaura era da casa de SABELUCHO, irmá de Lola, Antonio e Manolo.
D.E.P.
XUNTANZA ARREDOR DA ARTE
REPORTAXE
NOVAS
Tamén está o que fixen na libraría, o do Daviña Rey e algún de Distriz.
Os outros na galería do facebook de aldeas galegas.
Novas dende Piño
Escribindo por Costume
Comezamos o mes de febreiro con tempo quente. Temperaturas por riba dos dez graos e algunhas choivas ocasionais.
O día dous, domingo, misa na igrexa parroquial festexando as candelas. D. Manuel o cura da parroquia bendiciu a auga, as velas e aproveitou tamén a bendicirnos aos que ali nos atopabamos. Mañá día 3 celebra en Ferreiros o San Brais. Esta tradición non aporta nada negativo, resulta enriquecedora.
Neste 2020 a Asociación Veciñal Santa Bárbara continúa a súa andadura presentando contas de 2019 aos seus socios e programando as actividades do Entroido e a Festas da Parroquia. Segundo membros da asociación, hai interese en participar nos concursos de compadres e comadres que organiza o concello da Pobra do Brollón. O que non nos confirmou ningunha fonte e de se na reunión que tiveron hoxe día dous si van facer unha comparsa para os defiles da capital municipal para o sábado 22 no centro da Pobra e desfile de disfraces.