Xullo 2020

Finais de xullo

Os incendios forestais comezaron cedo este ano debido á sequía existente.
Tivemos un mes de xullo no que non caeo unha pinga de auga e o calor foi moi elevado o que trae consigo as consecuencias dun monte moi seco que  arde como a pólvora.

OPINIÓN

Logo de ver as gráficas dos votos emitidos na contorna sacamos dúas conclusións moi claras.

1) Os votantes a FEIJOO son maioria absoluta, inda que haxa concellos gobernados por representantes doutras ideoloxías, PSOE no caso de MONFORTE ou BNG no caso da POBRA DO BROLLÓN, nestas eleccións vótanlle ás dereitas.

2) Merecemos o Goberno resultante dos comicios e as consecuencias das súas decisións. 

A contaminación do medio ambiente é un tema que non vai con esta ampla maioría,  como tampouco a paulatina privatización da sanidade pública,  o expolio do territorio en prol de  multinacionais, o abandono do rural ou as políticas a favor da educación concertada en detrimento das escolas públicas.

O partido eco-feminista, que non eco-hembrista, EQUOGALICIA,  que se presentaba por primeira vez en solitario a unhas eleccións deste tipo acadou uns resultados que sin ser bos alo menos poñen o punto de incio dun movemento ecoloxista e naturista que persegue a equidade entre homes e mulleres,  a sostenibilidade do agro galego,  e a protección das especies autóctonas de animais e vexetais así como o control de pragas invasoras, entre outros obxectivos.

En Monforte 3 votantes, outros tantos en Sarria, 1 no Incio e 1 na Pobra.  En toda Galicia apenas mil persoas apostaron pola ecoloxía. Esta é a semente que hai para xermolar o sentido da resposabilidade coa Terra e un futuro sostible para as novas xeracións.

ANALIZANDO OS VOTOS DOS VECIÑOS

Vemos na imaxe o resultado da mesa de Eixón. 
Un 53% de votantes. Dos 200 censados foron 106 os que dalgunha maneira fixeron chegar o seu voto a esta mesa.
Chama a atención que non se perdeu nin un voto. Non hai ningún en branco e ningún nulo.
EnComún Mareas non ten nin un solo voto nesta mesa.
Surxe 1 voto novo, o meu, ao verdes de EQUO GALICIA.
Segue habendo unha persoa que é fiel a PACMA.
Un votante de CS e outro de VOX.
Gaña o BNG ao PSOE pero o PP recibe 52 votos, dous por riba  da suma dos votantes de BNG E PSOE xuntos.
Este é unha analise extrapolable a toda a rexión onde os comportamentos seguiron esta pauta.

AS PAPELETAS PÓDENSE COLLER NOS COLEXIOS ELECTORAIS

As recomendacións que fixo o actual inquilino da Xunta de Galicia de coller a papeleta da casa antes de sair para evitar contaxios polo COVID estenderonse como a pólvora e o resultado é que a tres días dos comicios galegos moitos son os que din:
- Hai que levar a papeleta da casa que nas mesas non vai haber polo COVID-19
Afirmación surxida da deformación dunha recomendación feita polo partido FEIJOO.

Depender dos votos dos cidadáns fai temer ata a un goberno consolidado polos seus sillóns.
É de risa, ou pra chorar, quizais, da pa todo, vendo que teñen todo atado e ben atado.

Temos instaurado un sistema que elimina  do Parlamento a representación dos menos votados a favor dos de arriba. sistema D´Hondt.
https://www.hayalternativas.es/el-sistema-electoral-en-espana-y-la-exclusion-de-las-minorias

Moitas persoas  seguen  as recomendacións ao cen por mil e  van levar o voto  da casa, outros xa votaron por correo, outros  non van votar porque é mellor non arriscarse.
Logo queda un ínfimo porcentaxe que vai ver e collerá algunha das papeletas dos partidos que concurren.

Moitas son as persoas que pensan que a estas elección van soamente catro partidos. Sinto decirlles que isto non é así. Eses son os que mandaron propaganda electoral aos domicilios e os que colgaron innecesarias fotografías dos seus líderes por todas as vilas de relevancia. 

Ao igual que EQUOGALICIA acudiran ás eleccións outras forzas  que non enviaron propaganda individual e que non dispoñen de MEDIOS DE PUBLICIDADE ao seu servizo.

Nun momento no que debería de importarnos a todos os efectos palpables da  contaminación,  a natureza e o desenvolvemento sostible, nun momento no que  habería capacidade de reacción para tentar mudar o abismo infinito ao que derivamos como especie, nese preciso momento, non imos facer nada.

Non existe a memoria colectiva  e as mentiras e descalificacións proliferan como as maiores verdades entre nos. 

Vivimos nun mundo no que as verdades confúndense coas mentiras sementadas por espabilados. 

Si pido o voto para EQUOGALICIA, tal cal está feita a  lei electoral estarás beneficiando a FEIJOO. 

Non vou a pedir o voto para ninguén, cadaquén como mellor se sinta, así nos seguirá indo. 
TODO VAI BEN, verdade???
reverdece o parlamento
Alerta

NON CONFUNDIR AOS ECOLOXISTAS COS QUE MANDARON A PUBLICIDADE A CASA CO LEMA "GALICIA É VERDE".

Todo apunta a que ese partido político é oportunista ademais de fascista e racista.

FOI NOVA NA PRIMEIRA SEMANA DO MES DE XULLO

A denuncia que veciños da parroquia de Piño fixeron ás administracións foron desestimadas polo que tanto a TVG como o xornal  "La Voz de Galicia" recolleron as queixas. 

Antecedentes
A praga dos xabaríns comezou a finais da década dos oitenta cando despareceron os últimos depredadores cos que contaban, falo do LOBO.
O Lobo, alimentabase fundamentalmente das crias destes co cal a especie mantíñase a raia e non proliferaba.  Piño non era territorio de xabaríns maila a ausencia de enemigos fixo que viñeran baixando doutras zonas de montaña e se acomodasen nas nosas terras.
Dicir que un control da especie con caza sería suficiente,  está demostrado empíricamente que non é así. Estes bichos fixéronse tan listos que vacilan aos cazadores estratexicamente. 
Solucións
Soamente un goberno consciente da problemática, que non persista en sacar proveito da presencia destes animais e que planifique  tecnicamente un xeito de reprodución e control da especie pode acadar resultados a curto prazo.
A localización de manadas non resulta dificultosa coas técnicas existentes na actualizade e o protocolo de actuación unha vez acadada a ubicación surxirá e aplicarase unha vez que os de arriba estean dispostos a poñelo a funcionar.
A esterilización selectiva de femias é  unha das medidas que de aplicarse darían froito en un ano.
Peruchela Rocío (2005 - 2020) - www.peruchela.es

Temos 792 anónimos e ningún membro en liña