Agosto 2021

Oferta Curso

NOVAS

Moita xente foi a que veu este ano a Piño que non foi excepción da chegada masiva de veraneantes que tivemos nesta zona de Galicia.
En Piño non contamos con ninguha ruta oficial pero algúns acercámonos a visitar un ano máis o Castro do lugar e este ano como novidade puidemos entrar nunha antiga mina de auga que Fernando, meu pai, preparou para que puidésemos visitar.
De cara a vindeiras tempadas e vacacións poderedes acercarvos a visitar algunha   máis que tamén está a piques de rematar de acondicionar para poder visitar. Os restos arqueolóxicos dos nosos predecesores neste territorio teñen para moitos moita importancia e merecen o noso recordo e recoñecemento.

APUNTAMENTOS

As tradicións mudan co paso dos anos. A sociedade adapta costumes importadas doutros lugares e renuncia a aquelas que lle son prescindibles.
A nosa parroquia de Santa María de Piño, quizais sexa unha das poucas de Galicia onde ainda hai costume de acompañar ao finado coa cruz diante ata o camposanto. De feito o actual párroco sorprendeuse no primeiro enterro que fixo no lugar  ao ver que dita tradición ainda non se perdera o que me fai pensar que nas 30 parroquias restantes que cubre non existe xa tal tradición.
Outra desas costumes que está a piques de desaparecer é a  de tocar as badaladas do campanario a defunto ou a defunta. Unha sinal precisa, necesaria ata hai ben pouco para comunicar a comunidade o pasamento dun veciño, amigo ou familiar do lugar.

EVENTOS PARROQUIAIS

A primeiros de mes celebramos na igrexa parroquial o cabodano do Sr. Aquilino da casa da Portela.
O día 15 celebramos a misa da patrona da parroquia a Santa María.
O día 21 a misa de enterro da  Elvira que nos deixou aos case 101 anos de idade. D.E.P.
O 24 á tardiña tamén houbo misa por algúns defuntos da parroquia e para rematar  o mes o día 28 o cabodano da Sra. Manuela viuva de Manolo da casa do Murra.

Sobre os eventos da Libraría

Os tres eventos que promovín este verán dende a Libraría Pelayo correron sortes dispares. 
O ultimo que se veu a celebrar o pasado venres día 27 de agosto no local comercial da libraría espertou moito interese e completou o aforo moi pronto quedando a xente con ganas de saber máis cousas de esta tradición ancestral do budismo.
Mayte presentou na Pobra do Brollón a invitación do actual alcalde Xosé Lois Maceda, o seu poemario. O acto foi no 1º DE MAYO. Ao lugar asistiron unha trintena de persoas disfrutando de momentos distintos, momentos culturais no restaurante da localidade.
To be continue....
Image
2005 - 2021 | Peruchela Edicións

Temos 1073 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.