Xaneiro de 2022

DÍA DE REIS

Que farías,  si puideras elexir, no día dos Reis?

Un ano 2022 que moitos comezaron sen cambios e outr@s en continua transformación.
Estamos nunhos momentos moi complexos de xeopolítica, pandemia e capitalismo, algún ensaio hai sobre o tema. As lecturas son todas  boas, as de autoaxuda fan que sexamos máis sabedores de remedios e solucións para as cousas que se poden curar, as que non, pos temos que esquecelas, aillalas para que nos afecten o menos posible.
Hoxe é un día de agasallos sobre todo para os nen@s; coñecín un rapaciño novo en Piño que se chama Leo, é o fillo de Mirian da casa da Cerca. Da gusto ver xente nova polas rúas de Piño, futuras novas xeracións que mudarán as costumes e tradicións que ata a súa época chegaron.
Vin a Ramón e Aitana, e detrás deles ía Laura. Hoxe non vin ó Xurxo.
A miña mai tamén a vin xusto un pouco antes de baixar a traballar un pouco á libraría. Enseñoume uns calcetíns novos especiais para diabétic@s  que lle trouxeron os Reis, e outros tamén para meu pai, para Jose e tamén para min. Mimi non está, marchou para Santiago de Compostela.

Moita xente de Piño que non vin hoxe. Nin sequera a meu pai. Lembreime a amigos que estan pasando malos momentos e que non merecen o mal que están padecendo.
A vida é sufimento tamén.

Conta Jose Manuel da Nesa que nunca recorda que non houbese misa o primeiro de ano novo na igrexa parroquial. Eu creo que ata agora sempre a había tamén en Reis.
Iste ano é o primeiro que realmente quedamos sin MISAS en datas sinaladas e  non se sabe si vai quedar a cousa xa esí. Penso que non é probable que o culto se volva instaurar como outrora. Son tempos novos para tod@s







ECOLOXÍA

É moi importante a formación para actuar en consecuencia co medio que rodea e deixar de agredilo.
Propósitos para este ano sería cambiar algo do que fas que non está ben ou que te perxudica a ti ou aos demais.

Non hai que tirar as latas nas cunetas das estradas, iso ademáis de unha agresión é un ha falta de respecto para todos.

Comezar o ano escoitando tiros por todo o territorio do entorno poboacional é tamén un abuso do colectivo dos cazadores que por diversión nos privan aos demais da liberdade para ir polo monte. Hai risco de recibir un tiro perdido.
Buscar alternativas de tiro seguro para a xente que queira disfrutar dese deporte. Un obxectivo altamente reconfortante para o ano novo que comeza.

Mudar hábitos tóxicos é unha terapia moi recomendable téñase a idade que se teña.

Infomación

CALENDARIOS 2022
Podes mercar calquera dos calendarios das fotos na Librería Pelayo por 1€.
Tamén podes descargalos e imprimir pola túa conta o que máis que guste.
2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 299 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.