Xuño 2022

XUÑO DE 2022

 

SOBRE O INICIO DO MES DE XUÑO - BREVES

  1. Remataba o mes de maio de 2022 coa morte dun querido veciño  e comenzaba xuño co seu enterro no ceminterio parroquial. O 11 de xuño, misa de cabodano de Marisa López Pérez da casa do Sono.
  2. Quedou rexuntado o muro da área do local social. A directiva da asociación veciñal foi a promotora da obra.
  3. O mércores 15 de xuño pola tarde unha gran treovoada acompañada dun pequeno tornado pasou pola nosa parroquia arrasando ao seu paso con moitas froiteiras. Nogueiras, pavieiras e mazairas entre as árbores dañadas. Quedamos sen luz varias horas.
This image for Image Layouts addon

MURO DA FONTE DA VILA

Podes ver na imaxe o muro da Fonte da Vila tal e como quedou rexuntado.
Desfeitas do tornado

IMAXES DE FROITEIRAS LOGO DO TORNADO

Podes ver na imaxe 3 exemplos dalgunhas das árbores que derramou a treboada do día 15 de xuño.

XUÑO DE 2022 ACERCA DESTE SITIO

Queridos amigos lectores. Sodes moitos os que seguides esta páxina dende os seus orixes alá polo ano 2005.  Foron moitas as ocasións nas que vos comuniquei cousas que vos poideron gustar máis ou menos ao longo desde case 17 anos de publicacións públicas de feitos ocurridos na parroquia de Santa María de Piño ou nas sús inmediacións.

Nos últimos días probablemente non destes accedido ao sitio por mor dunhas actualizacións do xestor de contidos co que realizo esta Web dende 2015. A falta de implicación das institucións á hora de defender a lingua propia de Galicia, o galego, pon en grave risco de desaparición  a ésta e outras moitas webs.

Os avances tecnolóxicos non son doados de seguir e o tempo limitado do que dispoñemos fai que prioricemos en facer unhas ou outras cousas.  Vou seguir poñendo contido ainda sabendo que en calquera momento esta páxina pode deixar de funcionar.  Avancemos cara adiante ata onde podamos.

 

2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 229 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.