Setembro 2022

VISTA DA VEIGA DENDE A RIBA
Image
Image

SETEMBRO 2022

Rematou agosto con festas. En Eixón onde celebraron o San Bartomeu, e algúns veciños de Piño animaronse a ir bailar. O San Vitoiro tamén volveu a festexarse e moitos foron os que ata alí foron xantar.  En Bóveda volveu a celebrarse a comida de fraternidade polo San Xil.
Pouco a pouco os veraneantes foron marchando á súa habitual residencia  ..
Setembro transcurriu cunha certa normalidade pre pandémica. Houbo festas en moitas das parroquias dos redores. En Canedo adiantaron 1 semana o San Miguel  e tamén se adiantaron en Pacios e Cereixa.

Lamentar  neste mes o falecemento doutra veciña da parroquia, Dina, da casa de Carnera. Dende estas liñas expresarlle publicamente o meu pésame pola perda a súa  neta Laura e ao seu fillo e nora.
2005 - 2022 | Peruchela Edicións Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-Compartir Igual 4.0 Internacional.

Temos 173 anónimos e ningún membro en liña

Please publish modules in offcanvas position.