As nosas casas

Recompilación de datos transmitidos oral e xeracionalmente das casas de Piño,  relatados por José Manuel Carril Balboa (Danesa) e  escritos por María del Rocío Rodríguez López (Peruchela)

Vista de Santa María de Piño 2018

Poñerlle un nome a unha casa dálle certo valor engadido aos seus moradores. Cando indagas e non te conformas có que che contan e investigas e segues insistindo, pouco a pouco van caendo tabús. Porque na actualidade non soamente desaparecen as aldeas senón que con elas desaparece a súa historia. E iso, ten que ter remedio.

Incitar a máis xente a dar este paso, para que escriban e compartan públicamente o que saben das historias do seu lugar,  có obxectivo  de  transmitir o existir dunha época e duns persoaxes que  aínda non moi lonxanos no tempo,  de non intervir sería como si nunca existisen.

Esta nova sección da páxina ten o  obxectivo de ter máis claro  a orixe  de cada unha das casas da parroquia de Santa María de Piño.  Son datos transmitidos pola tradición oral. Se alguén quere colaborar engadindo algúns datos máis, ou aclarando algún matiz,  pode facelo  enviándome un mensaxe ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Asimesmo  se alguén non quere que apareza  a súa casa  ten que comunicarmo  así como si se sente molesto có contido e quere censuralo  para dese xeito dala de baixa. Tedes que ter paciencia có tema das casas, faltan algunhas por incluir e faltan muitos datos por poñer.  Participovos  que o volcado das noticias antigas de 2005 a 2015 non están nesta nova Web  pero o meu obxetivo é incluílas en canto poida.

Fidalgo : Persoa pertencente a unha clase social que vivía das rendas das propiedades agrarias, dominante, xunto co clero, no agro dos países de Europa Occidental entre a Idade Media e a xeneralización do capitalismo e que en Galicia se apoiou na institución do foro.
Os pazos dos fidalgos.
Fonte: Real Academia Galega
 
Nesta categoría van as casas sitas nos distintos lugares de PIÑO, as cales se irán engadindo consecutivamente ata ter o rexistro completo sen que haxa ningunha data límite para dar por rematada a sección.
Nesta categoría van as casas pobres de solemnidade, que vivían da caridade dos demais e casas que desapareceron o porque se fusionaron con outras ou onde se ergueu outra no seu lugar ou onde quedan vestixios da súa existenza.
Nesta categoría van as casas que existen  que pertenceron a outras familias e que agora se manteñen nas mans de novos propietarios.
LUGARES DA PARROQUIA
O Barrete de Tres, Corral de Gándaras, Suhortos, O Requeixo, Tralobouzo, O Campelo, O Pacio, O Pedredo, Outeiro, O Pireiro, A Pereira, Centeais, Vales...
Image
anuncio , ven a comprar a miña librería
ALDEASGALEGAS
CASAS EN VENTA
2005 - 2019 Peruchela

Temos 925 anónimos e ningún membro en liña

p { color: black}