O Tempo

Predición de concellos para curto prazo

28 Febreiro 2021

Predición de concellos para curto prazo

Lembranzas dos da casa da Cuturra

Casa da Cuturra  

Para saber máis dos membros desta casa pincha no ligazón  Casa da Cuturra  

Lembranzas miñas

Coñecín o Pedro da Cuturra dende ben pequena.

Cando veu a Piño có seu fillo Esteban, eu apenas tiña dez anos e a miña irmá unha ducia. Chamáranos moito a atención, era un rapaz con melena loira e unha apariencia moi mística.

Foi un dia inesquecible para nós, coñecemolo e compartimos momentos que perdurarán mentres vivamos.

As cousas da vida fan que te volvas a atopar coa xente e có tempo descubres, cousas.. moitas cousas.

Pedro e a  súa dona finaron, sempre os levarei no me corazón.

Campodron, Girona, é o lugar onde eles tiveron o seu fogar. Cando fun a visitalos ala polos noventa, sorprendinme da semellanza daquelo con isto.

Si cadra ata me pareceu máis fermosos. Esteban tiña vacas, e grandes prados, a súa casa era como as nosas, as da aldea...

Os Da Nesa mercáronlle a casa vella da Cuturra e na actualidade o espazo que abranguía forma parte  dela.

Din as linguas que meu Bisavó o Perfeuto, logo de perder aos seus fillos e mulleres de tuberculose, anduvo en amorios con esta señora da que seica nunca faltou que falar.

 

2005 - 2021 | @Peruchela

Temos 951 anónimos e ningún membro en liña