2017

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Comezamos o mes de decembro con bon tempo pero aos poucos días as xeadas viñeron .

En Froxán do Caurel foi a festa da Pisa, podedes ver o video no facebook de aldeasgalegas ou no seguinte ligazón https://aldeasgalegas.com/index.php/88-pisa-castana

Tocaron os dous últimos números do primeiro premio da loteria de Nadal nos décimos que ofertou a Asoc. Veciñal Sta. Bárbara.

Soubemos do falecemento de Luis da casa Baldomero en Barcelona 

Xa chegou a Piño a cegoña despistada, un pouco antes de tempo.

Deíxovos unhas fotos, feliz nadal e próspero ano novo 2018



 

 

 

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

O día catro comezaron as festas   do San Froilán en Lugo.  No fin de semana do 6 ao 8  festas tamén do San Froilán en Pacios de Veiga  e este ano coincidindo coas da parroquia de Cereixa onde   houbo unha ampla oferta lúdica, comenzando o venres con partido de fútbol no campo dos Medos.


retirada do anteproxecto

O domingo as cinco da tarde  unha manifestación en Monforte  percorreu as rúas dende a praza do concello ata a compañía para pedir a non supresión da área sanitaria do Hospital e a retirada do anteproxecto de lei. 

 

VÍDEOS DA MANIFESTACIÓN

 

   

Como se pode constatar nas imaxes a afluencia de persoas foi masiva. 

Video de 5 minutos de veciños do concello da Pobra e outros na manifestación a prol do hospital de Monforte e encontra das privatizacións, das listas de espera e demais. Representantes da oposión dos partidos políticos Equo, En Marea, Bloque e IU e PSOE e de sindicatos na manifestación da Sanidade Publica en Monforte 08/10


EXPOSICION OFICIOS E FERRAMENTAS

 

Na casa da cultura poeta Lois Pereiro de Monforte sita na Praza España dende o día dous e ata o 13 a primeira parte da exposición Oficios e Ferramentas onde recollo en imaxes algúns dos oficios desaparecidos ou en vías de facelo que durante séculos se viñeron realizando nestas terras.


Peruchela Rocío 👏👍

Publicado por Ruth Ferreiros en viernes, 6 de octubre de 2017

Un bonito reportaxe sobre a miña exposición de Arco da Vella

Publicado por Peruchela Rocío en Martes, 10 de octubre de 2017

Foto pública de redes sociais.

Dende o sábado 14 de outubro ata as primeiras choivas da noite do luns, xa martes 17 o ceo encheuse de cinza e todos tivemos o corazón nun puño.

O lume intencionado en toda Galicia foi a noticia máis importante acontecida na nosa comunidade en moito tempo.

Nos redores da nosa parroquia houbo lumes en San Fiz, Bóveda, Castroncelos, Cereixa, Fornelas na Pobra do Brollón, Chavaga e Piñeira en Monforte, Calvos O incio. Por citar algúns.

Por tal acontecemento houbo concentracións en sinal de repulsa nas principais vilas galegas.


 Rematamos o mes de outubro nesta fin de semana do 28 e 29 celebrando o Samaín por parte da rapazada e cun xantar de confraternidade no local social da parroquia organizado pola asociación de veciños Santa Bárbara.

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

 

Ceminterio de Piño

Celebramos o día de Santos e Defuntos na nosa parroquia como en outros sitios da xeografía visitando aos nosos mortos e con misas.

A mesa do altar luciu un antiquísimo mantel calado e a virxe uns dos vestidos tamén mais antergos. Atópase na nosa igrexia parroquial unha caixa de ánimas traída dende o Castro. Pensamos que pode estar  rexistrada no Inventario  do patrimonio de Lugo e a súa  provincia, pola súa antiguedade máis de tres séculos e por ontes que así o atestiguaron.

 

altar Piño

caixa animas do Castro

     

        

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

 

Comezamos setembro coa festa de Bóveda como tódolos anos. En Ribas Pequenas,  os Remedios, unha gran festa en Sarria tamén, ali hai moita tradición de ir xantar este día, e tan grande a romaría como no Val de Lemos o San Mateo.

As miñas duas avoas naceron en setembro, unha o día oito e outra o nove. A da casa do Gallego, Rosa naceu o día nove, a de VER o oito, o día dos Remedios.


 - Hoxe 07/09  deu misa o cura do Incio que axudou ao de Piño no sepelio dun neto da Estrella.


 - O domingo decesete hai reunión  para elexir xunta retora e actualizar listado de comuneiros no local da Fonte da Vila.


- O Teixugo está completamente seco. Fai poucos días cortaron a auga do canal e xa non se nutre das fugas deste.


 árbol partido de un rayo

Un raio partiu unha árbore na carreira da Riba, podedes ver as imaxes

 

 


E poucas novidades mais, agás que este ano as uvas  viñeron a 70 céntimos de EURO, penso que queren que non se faga viño na casa  ou soamente o fagan os ricos ou aos que lle gusta moito.

Hai moitas tarefas domésticas e agrícolas, entre patacas, viño, mel, horta  e outras colleitas  hai moito que facer na aldea. A maiores a maioría é xente moi maior á que hai que coidar ou velar. Non é doado conciliar a vida laboral coa familiar nestas circunstancias.


Hoxe domjngo 10,  marchou a Mimi a estudar á Universidade. Díxenlle "compóntelas como puedas " cando fomos a Santiago á inauguración do curso da Universidade. Síntese moi contenta por ser parte dos que este ano 2017 van por primeira vez a Universidade,  son os que corresponde os natos en 1999 último ano do século XX. Desexo que lles vaia moi ben a tod@s eles que comezan a súa primeira gran independencia.  Síntome moi orgullosa dela, e non é para menos.  Merece moito ir a estudar  a nosa capital, unha das urbes máis ricas culturalmente falando e  patrimonio de tódolos galegos.

 


O domingo pasado no local social de Piño aos comuneiros da CMVMC da parroquia de Santa María de Piño faltouse á verdade

Houbo xente que ese día foi a darse de baixa pero xa fixeran eles o traballo por eles sen nin sequera dar opción de decilo.

mapa da rede natura en PiñoDe momento podedes ollar o mapa nas imaxes en zona verde que comprende a Rede Natura  na nosa parroquia tamén, incluíndo os montes.

A maiores, ao chegar á reunión observamos que eliminaron á xente de comuneira sen previo aviso.

Pola miña parte expresar dende eiquí que non vou a participar máis comunicados desta CMVMC mentres non sexa supervisada polo Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común e os comuneiros que estaban inscritos figuren de novo no listado  ou fagan a súa renuncia tal e como figura nos

estatutos.



Potro de Piño

Podedes ver na imaxe novidades que aconteceron nos últimos días de mes có potro de Piño.

 

 


No local social de Piño estase a realizar como cada ano ximnasia para as mulleres que o desexen, os martes e xoves.

 

@2018 Peruchela

Temos 186 anónimos e ningún membro en liña