FUNDACION    SIGLO XVIII      ARQUITECTURA RELIXOSA        REXISTRO CIVIL  ACTUALIDADE      BARRETES        CENTEAIS    VALES     FESTAS     DATOS DE INTERESE 

Antes de nomearse Santa María de Piño, as terras que conforman este territorio do sur lucense así como as do resto de Galicia, créese foron poboadas por os oestrymnios, raza autóctona do lugar adicada a  caza e a recolección, para ser primeiramente desprazados por os celtas, (século VI a.c), poboadores de todo o territorio galaico  ata a conquista definitiva por os romanos no ano 25 a. C. na famosa  batalla do monte Medulio, onde aqueles derradeiros valentes castrexos, despois de saberse vencidos polos romanos e antes de entregárselles  a escravitude, decidiron bailar e beber para logo envelenarse e morrer, de alí a consigna referente a este suceso "denantes mortos que escravos".

   Podemos dicir, dunha maneira romántica, que non desapareceron todos os oestrymnios nin todos os celtas, apostando máis  por a mestura desas razas co sangue romana, visigoda e mais tarde árabe,  conformando deste xeito a raza actual dos seus  habitantes.

Fúndase con carácter de Parroquia de Santa María de Pino o 18 de Maio do ano 1222.

   No ano 1.477 o abade de Castro de Rei  de Lemos afora a Pedro Fernández o casal de Piño.
Pódese asegurar que Piño, nunca contou o longo da súa historia con minas, saliñas ou  muiños e o seu desenvolvemento o longo dos século tivo que ver exclusivamente da explotación das  terras  e a gandería.

   Pertencente a xurisdicción da Pobra do Brollón, un dos  escasos "territorios de realengo" que conservou en Galicia a Coroa. Todalas aldeas deste territorio durante  a idade media eran  de realengo,  que son os que teñen por  señor a “Su Majestad, Dios le guarde, sin que se reconozca otro señorío ni por esta razón se pague cosa alguna a ningún señor”.  Un privilexio para  a nosa terra  nesa época de tantos séculos  que abarca a idade media, xa que a maior parte do territorio de Galicia era de xurisdicción señorial ou de abadengo, sendo escasas as terras de xurisdicción real.

   Alá por o 1494, os Procuradores da Pobra do Brollón,  Gonzalo de Losada e Xoan Franco, denunciaran os Reixes Católicos que:  "el Conde de Lemos y sus oficiales obligaban a los vecinos de Puebla a realizar una serie de serventías y fazenderas, con es ir a labraren en su cavas e ferrerias, e en otras cosas, e faziendo cortar madera e que los dichos las llevasen a sus casas sin les pagar por ello salario alguno". Referencia: La Nobleza gallega en la Baja Edad Media, de P. García Oro

   Os Reies reprenderon os Condes de Lemos por tales abusos, pero os poucos días,  esos mesmos Condes quixeron impor un novo dereito que incluía o pago da quinta parte de pan e do viño que se recollían en dita terra do Brollón.

   Os veciños resistiron unha vez mais e pediron os Reies unha solicitude de Amparo, e os reies tiveron que recordarlles unha vez mais os feudais de Lemos que a terra da Póboa era de realengo e que semellantes exaccións foran prohibidas por as cortes de Toledo no ano 1480.

  Para finalizar  con este tema, aclararei  que a nosa aldea así como as aldeas do concello  da Pobra do Brollón,  sí, debían de pagar un tributo os Condes de Lemos, o famosamente nomeado  "Alcabala Vieja", imposto que alá por 1750, seguían pagando todos os veciños, como se desprende da catastro do Marqués da Ensenada. Probablemente este imposto tivo orixe na época onde os guímaros pelexaban cos feudais e foron vencidos. Referencias encontradas no libro "Apuntes para la historia de Monforte de Lemos" de Luis Moure-Mariño.

   Piño, pagaba diezmos ó párroco por todo canto producía, como todas as parroquias, e a famosa Alcabala Vieja a  condesa de Lemos, no século XVIII era de 540 reales vellón , 12 maravedí, veciño llano, excepto viúvas e solteiros que pagan “6 averiáis que importan catorce reales y veinte maravedíes vellón uno y otro anualmente”.
   No número XX y XXI, sucesivamente, da revista Escolar OUTEIRO, de Pobra do Brollón, publícanse sendos reportaxes das "Respuestas Generales del Catastro del Marqués de la Ensenada".
En ambos reportaxes, un sobre Santa María de Pino e outro sobre San Pedro de P
obra do  Brollón pódese apreciar, que a poboación destas localidades era menor que as vivendas que os conformaban.
  San Pedro de Pobra do Brollón 31/12/1752
49 veciños
5 pobres de solemnidade que no se inclúen no número de veciños.
126 casa habitables , 4 inhabitables y 12 arruinadas
   Santa María de Pino 14 /01/1753
44 veciños
3 pobres de solemnidade que no se inclúen no número de veciños.
54 casas habitables, 6 inhabitables y 2 arruinadas

   O descenso da mortalidade que tivo lugar a partir da segunda metade  do século XVI fai aumentar la poboación hasta finais del século XVIII onde a mortalidade catastrófica aumenta outra vez.A poboación estáncase e decrece de novo. A mala climatoloxía, as malas colleitas, aumento de prezos. Diferentes guerras (contra Francia revolucionaria 1790, contra Inglaterra 1796 - bloqueo con América, 1808 guerra da Independencia)..

   Contaba nos seus haberes por entón, a nosa aldea,  con dez colmeas das cales seis pertencían a Francisco da Iglesia, tres a Pedro Darriba e unha a Francisco Nuñez. Un ciruxano Xacobo Dabila, Remixio Pérez Fernández escribán da súa Maxestade, un estanqueiro de tabaco por menor, Domingo Armesto, dous ferreiros Joseph y Manuel Pérez. Firman como testemuña da veracidade destes datos os tamén veciños daquel entón, D. Pedro Sánchez Somoza, D. Francisco Antonio López Somoza e D. Francisco Vázquez.

   Os anos  finais do século XVIII son significativos pola introducción de novos alimentos tales como o millo e a pataca. (A pataca é un cultivo de ciclo corto e máis resistente as inclemencias climáticas e millo producíase moito máis que trigo, ademais, o ser de raíz máis profunda vai a provocar menos erosión e fai que se esgote menos a terra. Non se utilizan abonos excepto os naturais dos animais. Vai a aparecer o cultivo de leguminosas que combinado con outros cultivos evitan os barbeitos. A agricultura e a gandería, practicada de campos cerrados, era unha agricultura familiar e moi productiva e ademais, aproveitábase  o  bosque para a leña.

 Arquitectura Relixiosa

     Sabemos que no ano 1.634 da nosa era, construíuse  unha capela na actual Finca de Balboa, por D. Matías López Pallares que aínda se conserva en pe.

   Da antiga igrexa da Parroquia, temos datos que a sitúan na zona chamada Outeiro, e que o longo do século XVIII  trasladase ó Castro e de alí  vólvese a trasladar de novo a mediais do século XIX a  situación actual. Este traslado de Igrexa ten a súa  LENDA.

A chegada de los Franceses

   Contaba a Sra. Visita,  comadroa na súa época da aldea que axudou a nacer a maioría dos natos que agora contan entre 35 e 55 anos e finada a finais de 2016, que a súa  avoa recordaba a chegada dos franceses por a carreira de Suhortos. A guerra estala de novo e nas revoltas populares matáronse en Piño  a tres soldados galos, enterrando seus corpos no cemiterio contiguo a Igrexa do Castro.

   Chegaron oralmente ata os nosos días moitas historias do pasado e algunhas delas son xa como unha lenda. Contan os de Suhortos que o chegares os franceses alí entraron na antiga escola que por aquel entón era unha gran bodega a onde viñan de tódalas montañas do redor a buscares viño de Piño nos carros tirados por bois. Púidose escoitar ese cantar dos ruxir dos carros ata mediados do século pasado.
“1808-1809: A ocupación francesa de Galicia é a menor de toda España."
  

 A Xunta de Defensa do Reino de Galicia é o órgano supremo da resistencia.
Galicia foi o  primeiro lugar do mundo no que mediante unha estratexia de guerras de guerrillas foi posible derrotar a un exército regular súper poderoso”.(Campagnes en Espagne et au Portugal 1808-1814).
O Duque de Wellington pronuncia a súa  famosa frase:
“Españois imitade os inimitables galegos".

Dos años 1845-1850 é o  Diccionario Xeográfico estadístico-histórico de Galicia, do Ministro de Facenda D. Pascual Madoz, que no seu tomo V refierese a :

   "Pino, Santa María: Feligresia en la provincia y diócesis de Lugo (9 Leguas), partido Judicial de Quiroga(3 Leguas y media) y ayuntamiento de Puebla del Brollón, situada en una altura llana con exposición al O. Clima templado y bastante sano: Comprende los lugares de Vales, Carballal, Castro, Cerca, Corral de Gándaras, Pacio, Suhortos y Requeixo que reúnes 42 casas de las que solo 42 merecen este nombre; escasea de aguas y en el verano se surten las más de aguas de pozos. La iglesia parroquial (Santa María) está servida por un cuarto de entrada y patronato lego: hay cementerio al E. e inmediación de la iglesia. El término se extiende por dónde mas a 4/2 leguas, confina por el N. con Freituxe; al E. Eijon y Fornelas ; al S. La Parte y Fornélas y al O. Ribas Pequenas.

   El terreno es de segunda clase y le baña el arroyo Teijugo, formado de las vertientes de Canedo y Layosa, el cual corre a unirse al Mao, pero se agota en el verano: se encuentra algún arbolado de Castaño y prados de pastos. El camino de Castilla que pasa al Cebrero y Monforte se haya en mediano estado. Correo: se recibe de Monforte por un peatón tres veces a la semana. Productos: Centeno, trigo, maíz, patatas, legumbres y vino; cría ganado vacuno, de cerdo y lanar, hay caza de liebres y perdices y se pescan algunas anguilas. Industria: la agricultura y molinos harineros. Población 42 vecinos, 210 almas.

   En referencia a esta descripción que de Piño se fai nesta enciclopedia, engadimos  ademáis dos pozos, que en Piño  construironse minas para levar auga dun lugar a outro  para o seu consumo. Pódense nomear mais de sete minas na aldea, que temos localizables ainda que están en desuso e na súa maioria están cubertas de maleza ou terra. Nomeo pois as máis famosas minas de Piño: Mina de Alexandro situada no Souto; Mina da Cerca sita no Toural; Mina da Mota; Mina de Balboa; Mina dos Plises; Mina do Murra; y varias minas nas Dehesas do do Xusto.

   As fontes de auga de manantial, como a fonte dos Lugo, a Fonte da Riba e a Fonte do souto Grande non son aptas para consumo humano. No lugar do Souto Grande por iniciativa de José López, solicitou ao concello levar a auga da traída do Incio ata aquí. Agora hai un dispositivo para coller auga en caso necesario.

REXISTRO CIVIL

   As actas de carácter civil existen dende a creación en España no 1.870 do Rexistro Civil, por tanto as partidas de fecha posterior a esta poderemos buscalas nas oficinas do Rexistro Civil ou nas Oficinas Consulares da cidade ou pobo que nos interese. Ademais, as actas ou documentos relixiosos serven para a busca de partidas de fecha anterior a 1.870. Haberá pois que dirixir a investigación os Arquivos das Parroquias, os Arquivos Diocesanos e os  Arquivos Castrenses. Os Arquivos Parroquiais existían dende moito antes do Concilio de Trento, que establece a obriga das  parroquias de manter de maneira regular e continua un censo dos bautizos, matrimonios e actos relixiosos que se celebraran nas Parroquias. Os decretos do Concilio de Trento teñen aplicación total en España a partir da disposición de 12 de xullo de 1.564, dictada por Felipe II. Antes desa fecha nalgunhas parroquias xa se recollía testemuña  de ditos actos nos libros sacramentais correspondentes a bautizados, casados e defuntos a partir de mediados do século XV.

Emigración

   Nos últimos anos do século XIX moitos dos habitantes de Piño, como outros moitos de Galicia, decidiron emigrar en busca de fortuna.
Calcúlase  que a finais deste século emigraron 900.000 persoas e no século XX,  2.000.000 de galegos de forma permanente, o que ven a supor un 40% dos natos no país e o 2/3 da poboación actual de Galicia. Aínda hoxe viven na emigración cerca dun millón de galegos, así como varios millóns de fillos e netos de galegos. Os principais puntos de destino permanente da emigración foron Cuba, Arxentina, Uruguai, Venezuela, Colombia, Perú, República Dominicana, Brasil en América; Portugal, Alemana, Francia, Bélxica e Inglaterra en Europa; Sudafricana e Mozambique en África; Australia e Canadá. Dentro de España, Barcelona, Madrid, e Canarias.

Datos extraídos da Confederación Intersindical Galega

   A irmá dun dos meus avós, Xesusa López Díaz emigrou como unha galega máis a Arxentina no ano 1909, alí tivo 12 fillos, 47 netos e 57 bisnetos dos cales disfrutou ata o ano  da súa  morte 1979. Outro dos irmáns embarcouse de polizón nun barco a Cuba os 12 años de idade. Así como eles,  en todas as casas de Piño había a principios do século XX fillos e irmáns emigrantes, que non sempre contaban fortuna.

   Alá por 1927, celebrábase unha Feira, contan os veciños máis maiores que  se celebrou  no monte común do Souto Grande, e foi a consecuencia da disputa terreal entre os aldeas e a casa da Igrexa. Esta Feira celebrouse nada máis que un ano. A zona do Souto Grande como seu nome indica estaba chea de castiñeiros e a feria fíxose coa intención de vender directamente o producto. De Piño contaban os maiores saian centos e miles de quilos de castañas.

   O redor do ano 30, a tuberculose fai a aparición na aldea e morren por falta de penicilina a maioria dos  membros da familia de gallego unha das más pudientes do pobo naquel entón. Pero non foron eles soamente, eran tan alto o contaxio que morreu moita xente.

En Piño houbo durante o século XX varias tendas. As primeiras que me lembran e a do  sr. Marcial e de seguido a da Cantinera. Logo xa no ano 1939, nada mas rematar a  guerra civil  abriuse o  Café. Contan algús veciños que lembran a tenda do sr. Marcial que era na súa época das mellores tendas, que tiña unhas grandes follas de bacalao colgado de máis de dous metros e bidós de aceite  a onde ían os veciños abastecerse.

     Coa chegada da guerra civil, o pobo sufriu morte e fame, máis non tanto como nas cidades. Anque a necesidade era extrema tiñan a terra nai productora de alimento. Contan  veciños que había tanta necesidade que nas épocas da sega onde  había que dar de comer as pandillas, poñíase a o  sol o  touciño para que collese rancio e non tivesen ganas de seguir comendo.

   As  minas antigas de augas, serviron de escondite de armas e homes durante este período da nosa historia.

   Cá chegada da luz proveniente da casa do Folla de Santalla de Rei, en primeiro lugar, a nosa aldea empezou a prosperar. A radio fixo a súa primeira aparición e os poucos anos Unión Fenosa, esto foi no 1950 aproximadamente. A televisión a partir de 1965 foi algo xa frecuente entre os veciños, o sr. Darío López, que máis tarde emigraría a Mozambique,  foi naquel entón o  primeiro en traelas o pobo e en arranxalas.

  Nesta época no Café, os rapaces corrían a mirar a televisión e os homes  reuníanse a xogar a partida diaria. O  Café que estivo funcionando ata os años 80 nos que faleceu o dono, o sr. Castor, un dos últimos representantes da xeración de principios do século XX,  como o Sr.García, o Sr. Xerónimo, o Sr. Pepe do Sono, ou o afamado bruto sr. Farnés. Eiquí  reuníanse con eles algúns de Vales e Centeais que eran tan brutos como elos. Este café se inaugurouse  como cantina con venta de productos de primeira necesidade, tales como escobas, cafés, aceite ou azucre a partir de 1949.

  A partir de eiquí todo foi avanzar. A chegada dos tractores e dos automóbiles, o asfaltado da carreteira principal, fixo que as tarefas do agricultor viranse aliviadas coa maquinaria. Pouco a pouco os tradicionais carros tirados por bois ou vacas empezaron a pórse en desuso, así como a elaboración  dos pallares e palleiras que chegou o seu fin.

  A mediados da década dos 60,  introduxéronse as primeiras cabezas de gando de orixe holandés e suízo que producían máis leite que a raza rubia galega. As familias que tiñan de 2 a 4 vacas pasan a ter entre 6 e 8 e logo na década dos 80 de 8 a 12 cabezas, seguindo así ata a actualidade onde a ganderia está enfocada a explotacións de máis de cincuenta vacas.

    O final dunha dictadura de 40 anos, e a chegada da "democracia"  fixo crecer o poder adquisitivo do pobo español, o mesmo pasou nas aldeas,  a medíaos de 1975 todalas casas tiñan  ordeñadora eléctrica e tractor.

 2009

Na actualidade os veciños teñen plantacións de árbores, tanto pinares como carballeiras, hai catro veciños que se adican a producción de leite para a industria cunha media de 35 vacas cada un deles.

 Nas terra da zona de arriba da aldea, sembrase algo de pan, trigo e centeo,  tamén se poden atopar campos con  repolos,  coliflores e brocolis, ademáis de remolachas, navos, patacas e millo,  pero dunha maneira de autoconsumo.

As nosas terras son productivas e acae seguir sembrando nelas dunha maneira industrial . Sería enriquecedor para esta terra a súa nova explotación para a producción de alimentos 100% naturáis.

A Zona de regadío convertíuse nun terreo virxen para a  explotación por parte de empresas de producción de todo tipo de cultivos. Sigue pertencendo na súa maioria aos particulares da aldea pero ten 25 hectáreas de monte común ideal para producir rendemento.

VALES E CENTEAIS

Encontramos documentos referíndose a Vales del año 1220.

Lugar pertencente na súa maioría a parroquia de Santa María de Piño, sendo un lugar histórico dende o seu orixe.

Houbo unha granxa císter no pedazo de Vales pertencente a Veiga. Esta granxa pertenceu os monxes do mosteiro de Santa María de Oseira dende o século XIII, sendo para eles unha gran fonte de ingresos por os seus productos e rendas.

Lenda sobre a fundación de Vales por o  Sr. Don Álvaro Seco Parada.

"Na época na que pelexaban os de Freituxe cos de Veiga, unha noite Xan de Prata alumándose só cuns fachos de palla encontrouse cos seus nemigos e farto de tanta pelexa dixo¡Xa vale!.  por ese motivo se chamou Vales".

Centeais

Pertencente a San Xián de Veiga os seus habitantes realizan os tramites relixiosos, bautizos, comuniós , vodas e enterros na parroquia de Santa María de Piño

O topónimo “CENTEAIS” alude a terras de Centeo por o que cabe deducir que noutras épocas eran amplos os cultivos deste cereal.

 Festas

As festas da aldea de Piño son por tradición no mes de Maio, na honra a  Santa Bárbara. Son unhas festas tradicionais galegas con misa solemne , gaiteiros e …¡como non! unha orquestiña a noite para o deleite dos máis bailadores.

No 2005 celebrouse a I Edición do viño novo e da castaña,o 31 de Outubro, na que os veciños trouxeron a catar o viño novo da colleita acompañado de castañas e logo as doce da noite en honor a tódolos defuntos leuse o conxuro da queimada.

No 2006 púxoselle plaqueta os piso do local social e por iso a festa pospúxose para novembro, onde este ano non se probou o viño aínda pero si se fixo un concurso de repostería detrás para ter o postre.

No ano 2007 fíxose de novo a festa do solsticio de verán e  tamén a de outono relacionadas dalgunha maneira cas lexendarias  festas dos nosos antepasados castrenses.

No ano 2008 fíxose a primera festa da tortilla, e no ano 2009 a primeira festa da paella

O Corpus Cristi e o San Antonio son outras das celebracións que se veñen celebrando anualmente.

Provincia: Lugo
Concello: POBRA DO BROLLÓN, A
Parroquia: Piño (Santa María)
Lugares: O Requeixo, Corral de Gándaras, Bales, Suhortos, O Pacio, O Pedredo, Tralobouzo,, Barrete de Tres, O Quintairo, O Pereiro, A Pereira, O Quintairo.

Outros datos de Interese aportados por colaboradores:

 Antigamene existíu a casa-Torre de Corral de Gándaras, destruída no século XIX.
A  casa-torre era propiedade da familia Balboa-Sarmiento dende o S. XVI

En Suhortos estaba  unha das casas de máis antiguedade de Piño, da que se presume que data do século nove, coñecida como a antiga casa de Alexandro,  e que neste ano 2009 escombrouse  e erguerase de novo

 

0
0
0
s2smodern