Este artigo é para concienciar aos lectores e poñer ao tanto da situación da toponimia orixinal dos camiños e lugares da parroquia da Piño. Observese no mapa do google como a Rúa Pacio ocupa unha lonxitude incorrecta xa que nos mapas do concello cando se fixo na década dos noventa quedou asi non se sabe moi ben porqué. Observamos que o barrete de Suhortos desaparece e a carreira de Suhortos tamén, pasandose a chamar todo rúa do Pacio, cando a rúa do pacio non tiña máis de unha centea de metros. Outras inexactitudes son por exemplo chamarlle á Cacarocha travesía da Igrexa. Sería moi interesante reunirnos e poñernos de acordo para recuperar a nosa toponimia orixinal. Si hai consenso pódese solicitar no concello para que os camiños e barretes recuperen o seu nome e iso terá que estar non documento asinado pola maioria dos veciños da parroquia.

0
0
0
s2smodern

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar