Comezou novembro coa celebración do Samain, pola rapazada de Piño. Este ano as cabazas foron impresionantes e dificilmente mellorables.

Imaxes cedidas por eles.

En canto á celebración das misas de Santos e Difuntos, transcurriron coa normalidade doutros anos.

A finais do mes ó tractor do concello limpou as cunetas da carretera principal que tanto se reclamou que se llimpasen. Podedes ver na imaxe que atascos tamén hai nela, xa que debido a súa estreitez se non se circula moi pegadiño aos límites non se colle ao cruzarse un coche con outro.

Máis dun levamos susto  e a verdade e que coas cunetas cheas de maleza e ao haber un desnivel importante resulta moi perigoso. Lembrade pois non confiarvos e vir sempre ben pegadiños a ourela.

 

0
0
0
s2smodern
powered by social2s

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar