A principios do século XX, din que no ano nove,  cando naceu meu avó Manuel , contruíuse no lugar de Suhortos a que durante máis de cincuenta anos foi a casa da Escola en Piño.

D. Manuel da Cerca, dos Fernández de Bóveda,  pai do Pepe, Pepita, Anuncia, Antonio e Maruja a que a construíu. Quedouse coa parte da adega e arrendou o resto para vivenda dos mestres e aulas segregadas  por sexos.

Estivo en funcionamento ata que se inaugurou o colexio Publico da Pobra do Brollón alá polo 1972 + - .

No momento que se fixeron mixtos os colexios a escola de Piño  prescindiu dunha das partes  que foi na que viviu o Domingo da Cerca, home da Pepita, unha das fillas.

O  Domingo vendeuna aos curmáns, fillos da Anuncia, Toño e irmá. A outra parte xa era do Ramiro, tamén fillo de Anuncia que xa lle tocara a sua nai en herdanza.

Na actualialidade segue pertencento a descendentes desta familia da Cerca.

 

 

 

 

0
0
0
s2smodern

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar