Hoxe pertence a José Manuel Carril Balboa, casa Danesa

 

O irmau do pai do Xesús de Anesa, tamén era Xesús de nome.

Casou con Mercedes, filla de Estrella e de José, Estrella a súa vez era oriunda desa casa xa que a súa mai era de alí. O seu tío foi Tomás Davila. O nome da casa De Amande chamouse así a raiz do casamento de Estrella con José que viñera da casa de Amande de Canedo.

Pero antigamente, esta propiedade que nun tempo era unha das casas boas de Piño, era coñecida có nome da casa DaVila, Estrella fíxose con todo ela, incluida unha adega que tiñan os da montaña gardando o viño que mercaban no mesmo pobo. Estrella, mai de Mercedes como antes dixen, cultivaba  na horta da súa casa prantas menciñais. Filomena de Torbeo, máis coñecida có nome Da Bruxa de Torbeo, mandaba aos seus pacientes a recoller as herbas menciñais para sanar, a Piño, a casa de Estrella da Vila, que logo do seu casamento con José de Canedo da Casa de Amante, tomou o nome da casa.

Na sección de Lendas xa contei a lenda de Tomas o Enterrador...

CASA DE AMANTE

RESTOS ANTIGA CASA DAVILA

0
0
0
s2smodern

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar