Antonio Pérez Quiroga, estimado veciño da nosa parroquia finado vai para dous anos, casou con Jovita da casa dos Murra irmá de , Antonio, Javier, Elvira, Concha, Anuncia, Avelina e Manolo.... Na actualidade ainda vive. Aos seus cen anos seguramente lle faga ilusión saber que as historias de Piño do seu Pobo, dos seu orixe teñen un espazo neste sitio da rede, e que con todos os respetos vou recollendo nestas humildes liñas.

Á casa deste matrimonio chamóuselle e aínda se chama casa de Forriquitaina.

Estrella Pérez Quiroga, quizais sexa hoxe a veciña nata en Piño máis maior. 103 Anos cumpriu no mes de abril 2015, é do ano 1912. Irmá de Antonio eran fillos de Matilde Quiroga Casas e Avelino Pérez. A súa vez, Matilde, era filla de Manuel Quiroga Puente e Dolores Casas e Manuel Quiroga fillo de Francisco Quiroga e Maria Puente.

0
0
0
s2smodern

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar