Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Coñecín o Pedro da Cuturra dende ben pequena.

Cando veu a Piño có seu fillo Esteban, eu apenas tiña dez anos e a miña irmá unha ducia.

Foi un dia inesquecible para nós.

As cousas da vida fan que te volvas a atopar coa xente e có tempo descubres, cousas.. moitas cousas.

A actual casa da Cuturra non existe como tal, ainda teñen algúns sitios en terras, algunhas propiedades, poucas e tal e como está hoxe o rural e ata dificil mantelas limpas xa que non producen nada por no haber ninguén que consiga sacarlle nada .

Esteban, supoño que ainda vive, tiña unha irma.. e sobriños .. Pedro e a  súa dona finaron, sempre os levarei no me corazón.

Campodron, Girona, é o lugar onde eles tiveron o seu fogar. Cando fun a visitalos ala polos noventa, sorprendinme da semellanza daquelo con isto.

Si cadra ata me pareceu máis fermosos. Esteban tiña vacas, e grandes prados, a súa casa era como as nosas as da aldea...

Os Danesa meraronlle a casa vella da Cuturra e na actualidade o espazo que abranguía forma parte  dela.

Din as linguas que meu Bisavó o Perfeuto, logo de perder aos seus fillos e mulleres de tuberculose, anduvo en amorios con esta señora da que seica nunca falto que falar dela tampouco.

 

.

0
0
0
s2sdefault

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar