A súa casa é a actual casa do Benigno de QUEVEDO.

Poño pois a casa entre as desaparecidas xa que non queda ningún descendente vivindo ou con outra casa en Piño.

O Ronfe, chamábase Xosé.

Casou cunha irmá da Elisa da casa do ZOURIL, descoñecemos o nome.

Tivo dous fillos con ela Antonio e Javier

Casou en segundas nupcias con Aurea, da casa dos MARELOS, tivo un fillo Juanito. Parece ser que viviron de arrendo na casa do CARASTO.

Xosé o longo da súa vida trouxo a vivires con él aos seus tres fillos en distintas épocas pero acabou votandos a todos xa que ningún lle resultaba o idóneo ... Antonio, traballou en Renfe e  viviu en Piño algún tempo, cando foi maior seu pai levouno para Madrid onde alí morreu. Dicíase que a muller do Antonio do Ronfe era madrileña que nacera xustiño a carón da Porta do Sol.

O outro fillo Javier, casou cunha de Ferreiros da casa dos ARCADIO, dos fotógrafos

Parece ser que o tal Antonio do RONFE.. que non hai tantos anos que finou e que moitos lectores desta Web seguro que lembrades .. tivo dous fillos e unha filla.. Froito desta filla parece ser que é Tomas Gómez. O recordo del é de que era boa persoa. O seu pai Xosé tamén resultaba bó para os veciños e non tanto para as súas donas,

0
0
0
s2smodern

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar