NOTICIAS XULLO 2013

 

 vista dende o sitio do sono da veiga tempo de horta

 

NOVAS PUBLICACIONS  DE CARLOS VILLARRUBIA

1 HOXE SEMPRE HOXE     2 ME REVIVIRAN 3 ME DISIPE CON LA NIEBLA     4 FOI LEVAR 5 MULLER DADIVEIRA       6 ESTE BARCO FLOTÓ     7 AUN SE PUEDE RENACER- O TEIXUGO   8-A TRAMBOLIZOS

 

________________________________________

DESCARGA CALENDARIO 2013 WEBPIN O   2013 WEBPINO

E para rematar xullo unha non moi lonxana lenda:

A principios dos anos 70 saiu unha normativa para a vacinación dos cás polo tema dos recentes brotes de rabia que se habían dado no país.

A data sinalada todolos veciños acudiron co can collido do ramal ao Café, lugar de reunións para as ocasións.

Ali había como mínimo entre 60 e 70 cans, máis das persoas que agora moramos neste mesmo lugar.

O veterinario por turno íalles collendo o nome ao propietario, o nome do can a idade que máis ou menos podia ter e así ata que lle chegou o turno ao Luis do Vila.

- Cúal es su nombre?

- Luis Álvarez

- El nombre del Perro?

- Nosé

-Pero hombre póngale un nombre

-Pero es qués,  Nosé.

O veterinario estaba entendendo que non sabía como se chamaba o can e o Luis estaba intentando decirlle que se chamaba Nosé.

Ante as risa dos presentes o veterinario un pouco enoxado replicoulle :

-Oiga no se cachondee de mí y póngale un nombre al perro.

Ao final o acastellenizado veterinario entendeu que o can chamábaselle Nosé, e él mesmo logo do malentendido non aguantaba cá risa.

 

 

 NOTICIAS DE XUÑO

Para cerrar xuño e comezar xullo comentar que na reunión dos comuneiros estivemos 10, actualizamos a lista e decidíuse buscar información sobre a suposta tasa que haberia que pagar por o monte comunal estar en zona de regadío,  ainda que non se poda acceder á auga.

Próximamente haberá unha nova reunión para informar aos comuneiros da situación real.

Por outra banda apareceu unha nota informativa firmada por Patricia Peralta na que figura como secretaria da asociación veciñal Santa Bárbara. Somos varios os que estamos esperando a ver as actas, as reunios e as contas da citada asociación xa que tanta trapallada  que estan a facer sin consenso non ten moita explicación.

 

CONVOCADA  ASAMBLEA XERAL CMVMC DA PARROQUIA PARA O DOMINGO 23/06

Nestes días a comisión de festas expuxo as contas da mesma, onde se ven claramente ingresos e gastos, tal e como debe ser. Có remanente, fixeron este domingo día dous un xantar na Fonte da Vila para todos os que quixeron asistir.

GALERIA DE IMAXES CEDIDAS

 

Un ano máis celebramos o Corpus en Piño

E como cada ano disfrutamos do momento da procesión ao rematar a misa. Como costume a cruz diante e o palio collido por seis homes,  debaixo del o cura e detrás nós cantando e regando a procesión cós petalos das rosas.

En canto a outras novas  podedes ver na imaxe inferior o progreso da ampliación do ceminterio parroquial.

________________________

Como crítica constructiva, e non só para esta comisión de festas senón para calquera outra que vexa este comentario, se fora doutra parroquia,  é que .. De verdade!!!, disfrutamos máis votando de cabeza a conta  daqueles que non deron nada pra festa,  que vendos expostos no listado con 0 €.

Os cartos para este tipo de actos han de ser  sempre voluntarios e cometer esa baixeza ponos á mesma altura.

 

 

NOTICIAS DE MAYO

27 maio enterro de Xavier do Vila 28 maio entierro de Manolo de Loureano

GALERIA IMAXES STA BARBARA 2013

 

 

NOTICIAS DE ABRIL 2013

O tempo segue a pasar e vanse amigos e coñecidos queridos por todos para non voltar. Para eles o meu presente recordo

Como novedades destacadas contarvos que coas chuvias dos últimos meses e días a maioria dos veciños non poidemos botar as patacas ata mediados de mes, e grazas que parou que pensabamos que non viamos mais o sol.

En canto a outro tipo de novas non hai nada destacado e todo segue a rutina normal. A porta que se ve na foto do lateral ten a seguinte pequena historia:

A  sra. Carmen de Outeiro, certo día saindo de noite de onde  seus amigos da casa de Baldomero, cun facho de palla para alumearse  o camiño, como era costume neses tempos, topou cun carro de toxos pertencente á casa do Ferreirolo. O lume do facho nos toxos estendeuse a unha velocidade vertixinosa , e todo foi arder, incluindo a porta da casa  que logo de máis de oitenta anos do feito segue a ser  testemuña do suceso.

Pero a Carmen de Outeiro non pasou á historia por isto, xa que, cando esto sucedeu ela xa rondaba os oitenta anos e daquela  xa se había gañado o respeto e o recoñecemento de todos aqueles os que axudou o simplemente daqueles cá coñeceron.  LEER MAIS

 

NOVEDADES DESDE PIÑO MARZO 2013

area recreativa do local social da fonte da vila

 

 
 

NOVAS PUBLICACIONS DE CARLOS VILLARRUBIA

1 PURA VIDA  2SALVANDO PANTALLAS  3MORENA DE ARREBATO  4COMO ESQUECER TEU NOME

5NON TEN MADIA  6SABER ESCUCHARME   7MUSAS RONDANDO 8AVENTURADAS TRAVESIAS

frutais en flor vista finca balboa
   

O manantial do Souto Grande rebentou estes dias gracias a choiva que caeo durante os últimos meses. Entubar e canalizala ata o tanque para que os animais podan beber é unha das cousas  necesarias por facerse.  Tamén está pendente a instalación dunha boca de toma de auga de bombeiros na igrexa e para aproveitar a levada da traida ata o Souto Grande no estaría mal poñer alí outra toma para en caso de incendio poideran cargar as carrocetas.

A fosa aséptica do Fontao, leva meses sen funcionar e ninguén se toma a molestia nin de informar ao concello. Tamén hai numerosos puntos de luz fundidos  por varios barretes da parroquia, en caso de que alguén se sinta perxudicado que avise el mesmo ao concello ao telf. 982430001.

A persiana do local social segue sen poñerse case despois de dous anos, o muro segue sen rexuntarse e a área do local social sin rematar de acondicionarse.

Tamén dimitiu a secretaria da asociación veciñal sin que por parte da directiva se lle comunicase aos socios.

Entre as boas noticias e que puxeron  unhas mesas de pedra  na área do Souto Grande.

 

É moi importante que non cerren a area do Souto Grande con postes de madeira xa que según rezan os letreiros que puxeron o bosque é de todos, está nunha zona común e non ten obxetivo ningún poñerlle tal cousa. Dende esta liña pedirlle aos directivos da asociación que non continuen coa idea do vallado do sitio.  Hai moito e moitas cousas necesarias e prioritarias sin enterrar os cartos nunha cousa imnecesaria.

 

 

NOVEDADES DESDE PIÑO XANEIRO DE 2013 e FEBREIRO

Moitas novedades que houbo estes dous meses  xa as sabedes polos telefónos.             

          Deixovos unhas imaxes que fun recollendo polas terras da Parroquia.

Desexo que vos agraden,  que vos traigan bós recordos e  calmen a morriña

 

 

 

 

0
0
0
s2smodern