Novidades

 

O antroido foi un éxito este ano. Compadres, comadres, desfiles e ata o enterro da sardiña puidemos desfrutar neste sur lucense.

 

Os de Piño que eu saiba non nos disfrazamos máis que por independente, no lembrando cando foi a derradeira vez que fixemos en conxunto un comparsa da parroquia.

 

Outros como os de Cereixa luciron unidos  con algúns da Pobra no desfile de montaña Rusa que idearon para este ano.

 

Os de Salcedo brillaron un ano máis e deleitaron a toda a contorna coas súas obras de teatro, as súas ocorrencias e o seu ben facer.

 

Traballan a moreas durante moitas semanas para preparar ano tras ano o Antroido, que recentemente se ven de celebrar.

 

Enlace a Galeria de Fotos Monforte -  Enlace a Videos -   Compadres e Comadres  http://bit.ly/1IfUUsx

 

 

Acceso imaxes igrexa

Comezamos o mes có mércores de cinza na igrexa parroquial.

Un ano máis a misa tivo lugar a unha do mediodia e unha decea de persoas recibimos a cruz que nos lembra que somos polvo e ao polvo voltaremos. Comeza a Coaresma, a virxe xa luce có seu tradicional traxe morado.

        

 

0
0
0
s2smodern
powered by social2s

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar