Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 Exposición Fotografías na casa da Cutura de Bóveda Novembro 2014

Artesanía, Etnografía e Paisaxe

Exposición Fotografías na casa da Cutura "Olga Novo" de A Pobra do Brollón  2014

De luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 19 horas

Ata o 31 de decembro inclusive.

 

 

novembro

  quen identifica as persoas da foto ? quen identifica as persoas da foto?

 

 

 

 

 

Acabou o mes de setembro vindo a inspeccionar as casas da parroquia, para ver se habían sufrido algunha modificación e si asi era aumentarlle o prezo no proximo recibo da contribución por o valor catrastal correspondente que lle estipulen agora. Ademais o rapaz encargado da xestión informou que se lle poderian pedir catro anos de atrasos si observan que a casa leva ao menos ese periodo remodelada.

Nalgunhas zonas da provincia xa levan tempo facendo este tipo de operacións, seica se observan que arranxaches un corredor vello, incrementanche 40 euros porque consideranno como area de recreo ou divertimento. E asi estamos.

Por outra banda, o presidente da asociacion veciñal de Piño, Santa Bárbara, convocou unha asamblea xeral extraordinaria, onde ademais de presentar contar, disolver a actual directiva , pretendese a maiores buscarlle unha nova continuidade a dita asociacion buscando entre os veciños voluntarios para os postos, que segun dice a convocatoria farase por votación popular de todos os presentes.

Para rematar informar aos lectores e amigos desta Web que un ano máis poño a venta calendarios para o ano que ben, en papel de, 2, 5, 10, 15 Euros según tamaño, interesados poden solicitalo ao correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

SEPTIEMBRE 2014 EN IMAXES

 

                Este pasado día 06/09 celebrouse na igrexa parroquial  

         a comunión de Laura e Betixa

----------------------------------------------------------------------

Os nenos despiden o mes no atrio da igrexa

encarga tu foto al correo foto@webpino.com

O día de santa rosa, boda na igrexa parroquial

boda fernandiño de Peruchela

  Este pasado día 15 foi a comunión de Sandrita da casa de Gallego. O sábado 23 e a boda de Fernando e Rosa e pola tarde o cabodano do Salustio e do Pepe, respectivos maridos de Lola e Olguita. E así pouco a pouco vamos pasando o mes.

Este pasado martes 12 de agosto foi o cabodano do Antonio de Forriquitaina na igrexa parroquial. Piño está repleto de xuventude, nótase o vran. Algunhas imaxes dos visitantes.

Ana, Alexia, Claudia, Mimi, Aida e Aldara da Brence Seila, Aida, Ana, Alexia, Valentina, Begoña e Mimi

  Florencio da Visita e Pepe da Maruja da Visita 

Herminia, Mayte, Carlitos e Begoña de Peruchela

 

Para rematar xullo, homenaxear aos nosos veciños do sector primario, que xa teñen recolleita practicamente a herba e case que rematada a malla.

Os primeiros veraneantes xa apareceron este mes na parroquia. Tivemos un bautizo este último domingo de mes, da filla de Jesica.

O mes de agosto promete moito. Xa na primeira semana hai a voda  dunha neta da Nelita da casa de Cantinera, e a segunda outra, de Nuria neta do falecido Xavier do Murra, o 15 a comunión de Sandrita filla de Begoña da casa de Gallego, o 23 a boda de meu irmán  con Rosa de Madrid casa de Peruchela, e setembro tamén acollerá a nosa igrexa parroquial duas comunións, da filla de Ana de Vales, sobriña do Ramón das Pitas  e de  Laurita filla de Mercedes e Manolito da casa de Carnera.

 

Entre as boas novas  de xullo  coméntovos que acabamos de recuperar a luz branca no alumeado público, ainda que non foron restablecidos os punto de luz apagados por motivo da crise  e séguese cortando as duas da maña en toda a parroquia, no obstante en canto rematen as labouras de cambio de bombillas as noticias  son de que van a deixar de novo prendido o alumado público toda a noite.

Non estaría mal que puxeran nos puntos que teñen apagados ao menos unhas lámparas led para asi non deixar ningun punto vital a escuras. Nas próximas semanas veremos que ocurre.

 

22 de xuño celebramos o Corpus en Piño

 

XUÑO 2014

Nestas imaxes pódese apreciar a peste que hai, os roncos comeron afeito todos os frutais que non foron tratados. Van quedando casas e leiras e hortas vacias sin que ninguen se faga cargo. Ao non ser tratados os veciños que ainda viven en Piño procuran tratar as suas arbores pero a peste saltalles e vemonos con moitos problemas...

Podiamos dicir que logo de escarlle as xeadas e o granizo.. o ronco non se lle poido escapar este ano e un 40 por cento dos frutais quedaron sen culminar o ciclo .

 

 

 

MAYO 2014

Na mesa electoral de Eixón o resultado das votacións ao Parlamento Europeo  foi o seguinte:

210 CENSADOS   - 106 VOTOS CONTABILIZADOS

   PP 39  PSOE 36   BNG 14    AGE 5    EQUO 4

RESTO DE PARTIDOS,  VOTOS EN BLANCO E NULOS: 8

  SANTA BÁRBARA FOTOS

 

 

 

 

PUBLICACIONS DE INTERESE abril 2014

RENOVACION REPRESENTANTES DA CMVMC DA PARROQUIA DE PIÑO

Na asemblea xeral celebrada o pasado domingo día seis de abril acudiu a votar un 50% dos comuneiros rexistrados sendo o resultado a seguinte: 12 votos á mesma xunta retora, 3 votos a Carlos Alvarez, 1 voto a Manuel Balboa  1 voto en blanco quedando renovada a xunta rectora catro anos máis. Entre as próximas actuacións da mesma será  a repartición en parcelas para todos aqueles interesados.

----------------------------------------------

O tema de cambiarlle o fallo a igrexa parroquial e de facer unha pequena aportación por parte dos veciños foi outro dos temas que se falaron na reunión.

 

-------------------------------------

0
0
0
s2sdefault