Faise necesaria unha nova reunión por parte dos mesmos  que convocaron o domingo pasado no local social de Piño aos comuneiros da CMVMC da parroquia de Santa María de Piño.

A necesidade ben dada de que se transmitiron datos aos presentes que faltan a verdade e  é necesario a rectificación pública dos mesmos.

De momento podedes ollar o mapa nas imaxes en zona verde que comprende a Rede Natura  na nosa parroquia tamén, incluíndo os montes.

 

 

 

----------------------------------------------

Comezamos setembro coa festa de Bóveda como tódolos anos. Hoxe hai festa en Ribas Pequenas, son os Remedios, unha gran festa en Sarria tamén, ali hai moita tradición de ir xantar este día, e tan grande a romaría como no Val de Lemos o San Mateo.

 As miñas duas avoas naceron en setembro, unha o día oito e outra o nove. A da casa do Gallego, Rosa naceu o día nove, a de VER o oito, o día dos Remedios.

 - Hoxe 07/09  deu misa o cura do Incio que axudou ao de Piño no sepelio dun neto da Estrella.

 - O domingo decesete hai reunión  para elexir xunta retora e actualizar listado de comuneiros no local da Fonte da Vila.

- O Teixugo está completamente seco. Fai poucos días cortaron a auga do canal e xa non se nutre das fugas deste.

- Un raio partiu unha árbore na carreira da Riba, podedes ver as imaxes

E poucas novidades mais, agás que este ano as uvas  viñeron a 70 céntimos de EURO, penso que queren que non se faga viño na casa  ou soamente o fagan os ricos ou aos que lle gusta moito.

Hai moitas tarefas domésticas e agrícolas, entre patacas, viño, mel, horta  e outras colleitas  hai moito que facer na aldea. A maiores a maioría é xente moi maior á que hai que coidar ou velar. Non é doado conciliar a vida laboral coa familiar nestas circunstancias.

Hoxe domjngo 10,  marchou a Mimi a estudar á Universidade.

Díxenlle "compóntelas como puedas " cando fomos a Santiago á inauguración do curso da Universidade.

Síntese moi contenta por ser parte dos que este ano 2017 van por primeira vez a Universidade,  son os que corresponde os natos en 1999 último ano do século XX. Desexo que lles vaia moi ben a tod@s eles que comezan a súa primeira gran independencia.

Síntome moi orgullosa dela, e non é para menos. Merece moito ir a estudar  a nosa capital, unha das urbes máis ricas culturalmente falando e  patrimonio de tódolos galegos.

 

 

0
0
0
s2smodern
powered by social2s