Nestes meses na nosa parroquia, imaxino que non será  a única de Galicia,  aconteceu o seguinte; logo de cambiar os contadores antigos por dixitais que emiten continuamente eliminando postos de traballo por exemplo daqueles que  tiñan que vir a recoller a lectura.

Ven a factura mes a mes, cobrando os mínimos, os impostos,  logo o consumo e de novo os impostos, así durante uns meses, ata maio. 

Xuño, xullo e ata finais de agosto ven a factura cobrando os mínimos según a potencia contratada, os impostos e nada por consumo.

Nada máis recibir o primeiro mes ésto, algo xa cheiraba moi mal, ao segundo mes, aínda peor , xa que a liña de consumo na factura ata chegou a desaparecer.

Eu persoalmente comentei con algunha xente, - ti  xa verá como ven todo e logo ven o kilovatio máis caro.

E tal cal, como supoñiamos, o roubo  era previsible e a resposta da xente que non quere abrir os ollos, "A Luz  Baixou, soamente pagamos 15 €". Unha esfórzase e  díceslle: - si segundo  a potencia que tés contratada así pagaches o mínimo estes dous meses.  Ah pois sí viñéronme 100 €, claro pero é dos tres meses.

Se o lector é intelixente e emite continuo a estratexia das multinacionais é premeditada iso non ten discusión.

O seguinte paso para demostrarlle aos defensores das políticas capitalistas de dereitas e de  esquerdas tradicionais corrompidas pola avaricia  é ensinarlle o que o papel sostén, e logo cós papeis enriba da mesa, repetirlle a aqueles acomodados que non queren oir, e que có seu egoísmo afogan o  futuro das novas xeracións.

Galicia podía ser primeira potencia europea agrícola e pesqueira e si non o é e porque os seus políticos vendéronmos a prol dos seus intereses persoais.

Galicia produce máis enerxía que Arabia Saudí petróleo, e sen embargo a súa poboación paga as facturas igual que si estivera carente de todo dela. Esí como no porto de Vigo págase máis os derivados do petróleo que no interior, si señores esas son as vantaxes das liberizacións ou libertinaxe na que se converteu a libre competencia na que o Estado non pode competir. A lei que dí que un ESTADO non pode ser Intervencionista.  Bueno,  intervir intervén a sangrarnos a impostos a todos por igual pero non proporcionalmente.

 

Como podedes ver na factura, cambia o nº agora non empeza por un numero senón por FE, neste caso FENOSA, primeiro cambio. Ao mellor ten que ver coa venta aos americanos dunha parte da empresa.. quen sabe.

Como seguistes vendo  o prezo do Kilovatio subiu de 0.0427 a 0.0577  

Eiquí queda, seguide mirando vos que é o único que podemos facer.

 

 

 

 

 

0
0
0
s2smodern
powered by social2s

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar