Xa fai días que quero comentar publicamente sobre o tema da contribución das casas.

En Webpino, xa fai uns meses comentara de que andaban revisando novas e melloras nas construccións.  Por esa revisión feita por unha empresa privada subcontratada polo Estado, pasoúsenos un recibo de revisión de 60€ por propiedade construída ao noso nome.  En moitos dos casos as construccións onde se albergan as galiñas, cans e gatos, viñeron gravadas e foron de  nova inclusión.

En canto ás fincas rurais o valor tamén se lle incrementou.

Chegamos ó punto onde ven o recibo de dita contribución polas casas. No suposto que o valor catastral do lugar xa fose revisado en anos anteriores a subida non pareceu tan esaxerada pero cando se actualiza de novo o valor e pasa deestar tasado en 4000 € a tasarse en  40000€ é eí onde se nota unha gran suba.

O valor catastral é o valor no que o Estado tasa a túa casa, as túas propiedades.

Case sempre é un valor irreal xa que na actualidade nadie neste medio rural che paga polo que tés,  tan alta tasación, que ainda que  noutros momentos da nosa historia recente estivo moi por debaixo, hoxe por hoxe todo apunta a dicir que non, que non o vale, xa que non hai ningúen disposto a pagarche esa suma.

Ademais da suba dese valor catastral aprobada polo goberno do PP, na pasada lexislatura, aprobáronse unha serie de  particularidades como a que segue:

- Si o concello onde está ubicada a túa vivenda ten débedas o valor do recibo incrementarase ata nun 1% do valor catastral, que irá destinado a ese concello,

En que si temos culpa ou non de que o noso concello deba, non vamos a entrar.

De oídas  digo que seica si o concello debe e fai unha boa xestión administrativa pode reducir ese 1% ao 0,4%,  xestión que no noso concello da Pobra do Brollón, quedou fóra de prazo, ou non sabemos xa que todo apunta a que cobraron ese 1% completo.

Moita outra xente pensa que un 1% non é nada, claro que parece pouco, e si o asocian a cantidade que pagaban antes pois claro que serían 5 ou 6 euros a maiores, pero non é así. Si pagabas 100 € non serían 101€ agora.

É o 1% do valor catastral, é dicir, si a nova tasación e de 40000Euros, pois o 1% son 400 € que lle tes que pagar ó concello a maiores do que xa ven de por si nesa contribución.

Comento tamén que nestes días o noso concello da Pobra do Brollón, e ante as queixas dos veciños, fixo pública unha nota informativa,onde se excusa e di que para o ano non será tan elevada.

Puntualizo que este artigo non está feito con datos físicos senón con datos  de oídas polo que unha vez acabado de leer si tes interés no tema e sabes máis podes comentalo ou buscar outras fontes para documentarte.

 

 

 

 

0
0
0
s2smodern
powered by social2s

Comentarios   

0 #1 MARIA DEL ROCIO 21-12-2016 11:13
Esto é un comentario, anímate a deixar o teu,.
Citar

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar