Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Por cortesía de @Peruchela. Feliz ano 2016 para todos os visitantes de esta WEB

RESULTADOS MESA EIXON SENADO

 

NOVAS PUBLICACIÓNS DE CARLOS VILLARRUBIA

1 Dos Paroliñas  2 El paso Miudiño    3 Novas fontes de enerxia 

4 Cuando acababa la aldea    5 Nuestra miel  6 Muller de tantos milagros 

 7 Fogar de despedida  8 8Me veo en la corriente

 

 

 

Samain en Piño 2015 cabazas dos rapaces/zas de Piño 2015

SEARA SEARA Flores aos nosos antergos no CASTRO en Defuntos 2015

VISTA DENDE O SITIO DO SONO CAMIÑO DA MORADELLA

 

Casa de Loli y Mayte  Antigo castiñeiro en PIÑO

Cores escondidas  Xogando cas aplicacions de Windows 

08 de novembro 2015 Vista dende Suhortos 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para rematar o mes de outubro 2015 comunícovos a aqueles que estades lonxe e ainda non o sabedes o falecemento de duas veciñas máis da nosa parroquia en concreto de Centeais.

Duas curmás, nomeadas igual, Amelia do Pliss e Amelia de Francisco eran enterradas no ceminterio parroquial de Piño o día 22 e 23 respectivamente.

Por outra banda, que aconteceu na reunión que houbo no local social a principios de mes,  se preguntades por ahi probablemente vos den algún punto de vista.

 

Vista dun mencer de outubro en Piño

  BENVIDOS  A   ESTA   WEB

Cando se lle conta algo, algunha nova a alguén na actualidade por teléfono ou porque te atopaches con esa persoal de súpeto e cotilleades os rumores e contos,  iso non é delito. O chismoteo e rumoreo está moi extendido e é unha práctica habitual  na nosa cultura.

As veces quixera poder ser moito máis cotilla nesta Web e poñer todo aquelo que escoito y din por aquí duns e outros, dunhas e outras cousas pero hai veto, afirmativamente a liberdade de expresión en medios de acceso público está limitada e polo tanto censurada e non creo que chegue o día en que esto cambie xa que as consecuencias hoxe por hoxe non son asumibles alo menos por min.

Cando o mes pasado publiquei algúns datos sobre cotilleos e cousas que pasaron por eiquí. Un tanto por cento do dito contempla datos  inexactos, que có paso dos días vánse aclarando e descubrindo. Non vou matizar nin correxir o que sí e o que non, eso sí aqueles que están vinculados có pobo sábeno de sobra.

En canto a revisión catastral que  se fixo en meses pasados estalles a vir a tódolos veciños o cobro da mesma, tanto da casa como das palleiras, galiñeiros ou pendellos de aperos. A revisión custalle a cada veciño 60 € por propiedade máis a maiores a que lle achaquen de novo. Suponse que logo do pago disto virá unha contribución nova có a maiores engadido e incluso pode traer efectos retroactivos ata catro anos.

Volvendo ao dito anteriormente sobre novas para aqueles que ven esta páxina e  lle interese voume seguir arriscando e dar a coñecer o falecemento dalgún dos veciños vinculados coa parroquia que teña lugar de sepelio no cemiterio parroquial de Piño.  Así o dia  nove de setembro enterrouse o Sr. Manuel Veiga Docasar (Manolo, natural de "Bales" que residia en Bóveda, del soamente se poden dicir cousas boas.

Na igrexa parroquial tamén houbo no mes unha comunión da filla dun parente dun veciño de Suhortos e en canto a igrexa,  non houbo nada máis a destacar.

O que sí empezou no local social foron as clases de ximnasia para donas,   sendo inda ben delas as que se anotaron. Vénlles dar clases un fillo dunha filla do Folla de Santalla  que está casada cun mestre da Estación. Están encantadas. Din que é un magnifico profesor.

Volvendo ao tema da catastro polo visto na imaxe do papel do poste tamén chegou revisión catatral ao local social. Por iste motivo o que queda da asociación santa Bárbara convoca a reunión a todolos veciños para tratar do tema.

Opino que non deberian de mezclar  as  contas deles có tema do local común do pueblo xa que éste  é pertenencia de tódolos veciños e non dunha  asociación cun minoritario apoio popular.

En fin.. de novo disculparme pola omisión de datos e tamén pola difusión de outros

Féliz mes a todos!!!

 

 

NOVAS PUBLICACIONS DE CARLOS VILLARRUBIA

1 Lo Fugitivo 2Trato con Diaños 3 Cuando tú me nombras

4 Quedará para siempre 5 Un San Francisco por ti

6 Amar  7 Eres sin Miedo 8 Airiños Pop

NOVA LENDA

Novas Fotos en FOTORECUERDO

RESUMO DO VERAO EN PIÑO

Ainda que reflectir todo o que por Piño aconteceu é imposible si quero compartir contigo visitante desta Web algúns dos momentos das  cousas que pasaron e algúns dos retratos que puiden facer dos visitantes  e persoaxes este verao. Tamén me quedaron moitas persoas sen retratar e ben seguro moitas cousas sen contar pero ... e o que hai.

 DE DEREITA A ESQUERDA: Elena da casa do FARNÉS, Marina a muller do José de BARROSO, Maruja da casa de LEANDRO e a Amable do CARBALLAL

 

Cando chega a primavera a xentiña que está nas capitais tende a virse para a súa casa da aldea. A verdade da gusto recibilos e velos pasear ano tras ano xa que no inverno estos lugares vólvense moito menos transitados dada a escasez de persoas que vivimos hoxe por hoxe no rural.

 

 

O 11 de xuño boda de Antonio ( casa Paquita do Melchor) e María de Vilachá de Salvadur. Dicir que este ano,  ainda que non foi en Piño, uns dos nosos veciños casou,  foi O 11 de xullo a boda de Antonio ( casa Paquita do Melchor de Centeais) e María de Vilachá de Salvadur.

Moitos  participaron deste evento asistindo á Monforte á ceremonia en San Vicente do Pino e ao banquete ao R. D. Manuel.

Pero uns días antes na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte,  o día sete de xullo inaugurei oficialmente unha exposición de fotografías titulada "Sempre na Aldea".     

 O recentemente gañador das eleccións municipais de Monforte, D. Xosé Tomé Roca xunto con outros membros da corporación asistiron ao evento. Apadriñaronme como Fotógrafa,  Luis e Pili de Foto Arcadio.  Alí acercáronse para acompañarme nese día tan importante para min, miña nai Herminia, Pili unha amiga, Angeles e Manolo da casa de Baldomero, Ana da  casa de Seoane e Hilda da casa do José de Barroso o home da Marina, a irmá da Perfeuta e da Germana a quen vemos vindo da misa có seu home o Manolo  e seu fillo Xulio e a sua dona Mari Luz. Aos poucos días veu Mimi que estaba de vacacións e trouxo a un montón de amigos que me deixaron cariñosas dedicatorias no libro habilitado para a ocasión.
 

      

Así de contar pasou que os de QUEVEDO, arranxaron o muro do sito da Moradella, non sen levarse algún disgusto xa que non todo o mundo está de acordo coas diferentes intervencións. As imaxes tomadas amosan que o muro nalgúns dos tramos non foi aproveitado de todo para deixar paso pero ainda así non chegou.  A verdade que da moito máis gusto ver o pueblo arranxado que destartalado como teñen algúns arredor da casa e da explotación.

 O Pepe da Elvira que leva xa uns  anos atendendo da horta tamén encargou nestes días o rexuntamento do muro de pedra dela que fora feito nos anos trinta polo Jesús de Amante. Quizais e por poñerlle algunha pega dicir que no meu modesto coñecemento sei que as pedras dun muro feito con elas e adobe se  se tapan ten que ser con algo que deixe transpirar  e o cemento non o fai có que a auga non sae e iso pode facer que o obxetivo que se pretendia conseguir de facer que aguantase mais tempo se volva en contra e faga que se  esnaquize moito antes.  Unha cousa é facer un muro novo xa con cemento e outra é restaurar un de adobe e pedras con él. Para iso existen no mercado uns barros especiales para esta laboura.

 Moita xente en Galicia fai feismo có cemento. Derramáronse,  non só en Piño senon en todolos lugares de Galicia, impresionantes paredes de saavedro /adobe, rebozandoas con él , en contra dos consellos dos entendidos e cós muros e casas de coios fíxose o mesmo... 

O mellor ainda veremos cavando aos que veñen detrás dentro poucas xeracións...

Moita xente que se ten dado conta desto que fixo están a picar eles mesmos o cemento que outrora botaran e facendo mellor as cousas ..

Vista do cierre dos Quevedos, onde se observa un anaco de muro que deixaron para o camiño Cacho  do Muro da horta do Pepe da Elvira ainda sen rematar de rexuntar Parte do muro xa rexuntado, vese ben e queda ben feito.. pero o problema pode surxir despois.

E como acostumo a facer a cotío continuarei facendo amigos.

Con respeto ás eleccións municipais na Pobra para os que non o saibades sacou maioria absoluta o alcalde D. Xosé Lois Maceda Vilariño do BNG, que repite unha vez máis pero esta vez sen a necesidade de coalicións.

Unha das primeiras cousas que fixo... seino de oídas.. non foi non baixarse o soldo para paliar o endebedamento  có que conta o concello, senón todo o contrario.. subiuno ainda sen ter dedicación exclusiva.. e con él subíronso máis membros da coorporación... Moitos dirán: -Bueno fan ben.. para iso están en política.... e o que sea tolo que se mate.

Eso sí a depuradora que puxo en Piño xa vai un lustro que non sufriu mantenemento algún desde entón.  De feito levaran a luz para que funcionase e motores non se oiron máis que o día que o probaron, tendo que ser uns veciños voluntarios do pobo quen coas súas cubas de sacar o purin vaciaron a depuradora e levaron os residuos aos seus lameiros  usando como "abono". Agradecerlle aos veciños o seu xesto e o seu traballo e decirlle ao señor alcalde se e que me esta a leer o llelo contan.. que non é nada persoal que cando queira lle fago unha entrevista para esta Web e nos da o seu punto de vista para así poder ser todos un pouco mais obxetivos.

pinos queimados  carballos queimados

Por outro lado deixovos ver máis imaxes dalgúns sitios queimados o mes pasado de xullo en LAMAS, a verdade e que ardeu moita extensión e derramou moitos pinares e carballeiras. O camiño que vai ata o común ardéronlle todos os carballos centenarios dos muros, é unha magoa e unha lacra a valentía dos que non lle teñen respeto a natura. Esperemos retroñen moitos deles, xa que o carballo a diferenza do pino as veces consegue voltar a xemorlar logo dun incendio.

ALGUNHAS IMAXES DA XUVENTUDE 2015

  Unha das belezas que nos acompañou uns dias por Piño neste mes de agosto Sandrita... unha nena de Suhortos, Iker e seu irman,  Toni e outro neno de Centeais

Seila, Bego, Carlitos, Mimi, Antoni, Alex, Victor, Marc e Aida

Antoni, Mimi, Victor y Marc Antoni, Victor Aida, Marc, Alexia, Mimi y Seila

Rosa e Jaime .. e Carlitos Seila, Mimi, Naia, Usue, Sandra, Carlos, Alexia, Begoña e Alex Có meu compañeiro e amor José Manuel da casa Danesa

Como dixen ao principio quedanme moitas cousas sen poñer e persoas sen retratar.. outros moitos nunca sairon nesta Web pero veñen igual cada ano.. quizais noutra ocasion coincidamos e se me deixen retratar. Se por outra banda non queredes aparecer nas fotos ou na páxina facedemo saber  

 

21/07/2015

 Este martes prendéronlle lume adrede a terreos privados sitos do canal para abaixo na zona das Arroteas,  cerca do monte comunal da zona nomeada LAMAS.

momento no que a máquina de facer cortafuegos achégase ao sitio do lume

Todos os indicios apuntan a pensar iso xa que se ven varios inicios forzados en poucos metros. O custo da extinción foi alto xa que empregaron medios aéreos e terrestres e unha gran máquina para facer un cortalumes.

Non teño palabras que expresen a impotencia de ver como por diñeiro se arrasa coa natura.

-------------------------------------

panoramica de PIÑO

PANORAMICA DE PIÑO

-----------------------------------------

 

O Corpus en Piño -Un ano máis celebrámolo Corpus en Piño

 

 

 

 

Celia e Marisa Elvira Eu, Rocio

Seila e Mimi

 

RESULTADO ELECTORAIS MUNICIPAIS 2015 A POBRA DO BROLLON

Os resultados das eleccios municipais podes acceder a eles pinchando enriba do enlace que fai referencia.

O luns  veu unha cuadrilla de traballadores dunha subcontrata arranxar o camiño que vai dende a Igrexa ata Suhortos (rúa do Pacio)e o que vai dende a casa da Cerca ata Outeiro. Levou un bó arranxo, éralle moi necesario ao menos esperamos aguante unha tempada.

 

Algunhas imaxes da procesión do día 17 na honra a Sta. Bárbara

 

Algunhas imaxes da procesión do día 16 na honra a Sta. Bárbara

Algúns videos Sta. Bárbara

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cando en marzo mallea en maio marcea.. e así comezamos o mes. Tormentas, granizo e ventos fortes  que fixeron bastante dano nos froitos. A santa Cruz non trouxo a xeada pero eses outros  fenómenos atmosféricos desfavorables xa nos chegaron.

O día cinco tamén se lle deu sepultura no ceminterio parroquial a D. Jesús Morales Rey, da casa do Francisco, aos 96 anos de idade. Era irmán de Rosa, Ramona, Elia, Manolito, Laudelina... todos eles natos en Cuba e traidos para eiquí de nenos ou rapaces,  á terra do pai.

Este mes de maio preséntase animado. Para comezar o próximo domingo dia dez nova reunión dos comuneiros da cmvmc esta vez para leer, aprobar ou modificar a acta recollida da reunión do pasado día 26,  e á semana seguinte  Festas, na honra a Sta. Bárbara.

  paisaxe de Piño 06 de Maio de 2015

 

ABRIL 2015

Para rematar o mes contarvos que houbo polémica no pueblo porque unha pandilla do concello e uns voluntarios do pobo foron cortando as canellas que estorbaban tanto polo medio da rúa como noutros lugares.

Quedou demostrado a falta de profesionalidade e de respeto hacia a propiedade privada por parte destes traballadores xa que igual que fan noutros lados tiñan que haber contado cun remolque onde ir recollendo o que ian podando e non tirarllelo de calquer xeito a xente incluso sen ser deles. Foi un escándalo,  nalgúns casos cortaron árbores frutais e loureiros de moita idade sen miramento ningún incluso dentro da propiedade privada.

O domingo día 26 as once e media da mañá no local veciñal da parroquia haberá unha reunión dos CMVMC onde se trataran temas moi importantes para a continuidade da explotación dos terreos que xestiona. Os comuneiros interesados non deben de faltar xa que se van a plantear varias cuestións que afectan á comunidade.

 NOVAS PUBLICACIONS CARLOS VILLARRUBIA

 -Noite en fuga - Teño que falarte - Voa e Revoa -

Agarrate a la vida - Reposteria Selecta - Pasei Pasando - Nun Periquete

Carlos Villarrubia, estrena libro nuevo este mes de abril con el titulo Zona Sensible, Pensamientos dentro de un Tweet - Interesados en adquirirlo pueden solicitarlo en cualquier librería, edita Ediciones Dédalo o también comprarse por Internet

MÁIS NOTICIAS

O pasado Sábado Santo como cada ano bendicíase a auga nas pias parroquiáis, patrimonio de todolos veciños durante mais de cen anos xa que se ten constancia de que viñeron da antiga capela que había no Castro, según debuxos antigos das mesmas.

E coa pía bautismal chea estivo todo preparado para o Bautizo de Ainara, da casa do Carballal, filla de Vania e Luis, neta de Raúl e Bisneta de Ricardo. Estas son algunhas imaxes públicas do evento que tivo lugar o Domingo de Resurrección.

 

 

E para rematar ...

Decirlle aos lectores desta Web que continuo có estudio das casas de Piño e  en canto teña máis datos irei engadindos na sección habilitada.  Dicir de onde lle veñen o nome as casa de  Piño por exemplo.. casa Carballal, Peruchela, Benxamin, Galgo, Quiroga, Carnera  ou Loureano.. etc é entre outros un obxetivo da citada sección o cal conleva un estudio lento e pormenorizado do tema  así que paciencia a ver si pouco a pouco podo ilo confeccionando, considero que é moi importante que non perdamos as nosas raices e sepamos algo máis.

 

SEMANA SANTA EN PIÑO

 

 

 

 

 

 

 

Esta semana luns 09 , martes 10  e hoxe mércores 11 de marzo uns veciños  voluntarios remataron de botarlle formigón no camiño que vai dende o Barrete de tres ata ao Fontao, comunicando así coa carreteral xeral. Agora queda rematado un bo paseo para facer a pé ou en bicicleta . Este formigón foi mandado dende o Concello e a man de obra e veciñal.

A fosa aséptica deixaronlle libre as tapas para poderlle facer mantenemento que require  por parte da empresa que o Concello teña determinada para tal fin. Foi un arduo traballo xa que ao estar a depuradora eiqui non se puido entrar coa formigoneira e houbo que levar en remolque e un tractor e botalo a man.

Supoño que decir que levamos uns días que non para de orballar non lle estrañará os conocedores do noso clima.

Din que nun par de días virá o bon tempo, falla fai, a ver se seca a terra e podemos sementar as patacas e o demáis.

Novedades por Piño moi poucas, xa que cada vez somos menos, hai pouco que contar.

Da mágoa saber o pobo que era Piño non fai tantos anos e coñecer o irremediable destino que para estas terras estáse fraguando. O abandono absoluto de casas e leiras que traerá consigo a extinción. Eso sí.. os que vivimos agora eiquí estamos moi tranquilos de non ser por que temos que estar vixiantes cos ladrós que a otear seguen a vir.

Como virá o bó tempo e con él  moitos dos que estades fóra e que tedes eiquí parte das raíces, vide, vide todos, que hai sitio e Piño merece ser recorrido polos seus camiños e sendeiros, merece ser ollado  ainda máis na primavera.

 

FFOTOS DE FEBREIRO 2015

 

PANORAMICA DO CASTRO E DE PIÑO DENDE CARBALLEDO

VIÑA CARBALLEDO

VISTA DENDE C ENTEAIS

 

 

 

 

 

 

    Para rematar o ano

0
0
0
s2sdefault