Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Comezamos setembro coa festa de Bóveda como tódolos anos. En Ribas Pequenas,  os Remedios, unha gran festa en Sarria tamén, ali hai moita tradición de ir xantar este día, e tan grande a romaría como no Val de Lemos o San Mateo.

As miñas duas avoas naceron en setembro, unha o día oito e outra o nove. A da casa do Gallego, Rosa naceu o día nove, a de VER o oito, o día dos Remedios.


 - Hoxe 07/09  deu misa o cura do Incio que axudou ao de Piño no sepelio dun neto da Estrella.


 - O domingo decesete hai reunión  para elexir xunta retora e actualizar listado de comuneiros no local da Fonte da Vila.


- O Teixugo está completamente seco. Fai poucos días cortaron a auga do canal e xa non se nutre das fugas deste.


 árbol partido de un rayo

Un raio partiu unha árbore na carreira da Riba, podedes ver as imaxes

 

 

 


E poucas novidades mais, agás que este ano as uvas  viñeron a 70 céntimos de EURO, penso que queren que non se faga viño na casa  ou soamente o fagan os ricos ou aos que lle gusta moito.

Hai moitas tarefas domésticas e agrícolas, entre patacas, viño, mel, horta  e outras colleitas  hai moito que facer na aldea. A maiores a maioría é xente moi maior á que hai que coidar ou velar. Non é doado conciliar a vida laboral coa familiar nestas circunstancias.


Hoxe domjngo 10,  marchou a Mimi a estudar á Universidade.

Díxenlle "compóntelas como puedas " cando fomos a Santiago á inauguración do curso da Universidade.

Síntese moi contenta por ser parte dos que este ano 2017 van por primeira vez a Universidade,  son os que corresponde os natos en 1999 último ano do século XX. Desexo que lles vaia moi ben a tod@s eles que comezan a súa primeira gran independencia.

Síntome moi orgullosa dela, e non é para menos. Merece moito ir a estudar  a nosa capital, unha das urbes máis ricas culturalmente falando e  patrimonio de tódolos galegos.

 


  Faise necesaria unha nova reunión por parte dos mesmos  que convocaron o domingo pasado no local social de Piño aos comuneiros da CMVMC da parroquia de Santa María de Piño.

A necesidade ben dada de que se transmitiron datos aos presentes que faltan a verdade e  é necesario a rectificación pública dos mesmos.

mapa da rede natura en PiñoDe momento podedes ollar o mapa nas imaxes en zona verde que comprende a Rede Natura  na nosa parroquia tamén, incluíndo os montes.

A maiores, ao chegar á reunión observamos que eliminaron á xente de comuneira sen previo aviso.

Pola miña parte expresar dende eiquí que non vou a participar máis comunicados desta CMVMC mentres non sexa supervisada polo Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común e os comuneiros que estaban inscritos figuren de novo no listado  ou fagan a súa renuncia tal e como figura nos estatutos. Houbo xente que ese día foi a darse de baixa pero xa fixeran eles o traballo por eles sen nin sequera dar opción de decilo.

 



Potro de Piño

Podedes ver na imaxe novidades que aconteceron nos últimos días de mes có potro de Piño.

 

 


No local social de Piño estase a realizar como cada ano ximnasia para as mulleres que o desexen, os martes e xoves.

 

 

 

0
0
0
s2sdefault