Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Fai xa meses que se rumoreou que no Rodo , no sitio do Fidalgo de Ribas Pequenas se ía a establecer unha granxa de porcino.  Polo visto o rumor é unha realidade e nesta derradeira semana de xullo xa se poideron ver uns camións no lugar.

A mai do Fidalgo saiu da casa do Macía de Chorente, que casara cunha da casa do Cachavello coa que tivo varios fillos e logo cando morreu con outra da casa de Balboa. A herdanza da muller, da casa de Cachavello pasou ao marido  incluindo a citada finca que na actualidade teñen os seus descendentes.

Outro das cousas que pode facer mudar a paisaxe do pueblo sería a corta de entre 70 e 90 carballos na finca de Balboa, que logo de mirar ben supoño que será do arredor xa que a finca non ten máis que eses e un piñar ao fondo.

Falando dos carballos, nas imaxes inferiores podedes ver que a peste do carballo chegou a Piño ao Souto Grande, levamos varios anos escapando e todos os pobos do redor infectados, Monforte e contorna, e por fin tamén están os nosos contaminados, unha peste que dende alo menos fai cinco anos se está a cargar o fermoso paisaxe que estas nosas árbores autóctonas ofrecían aos visitantes amosando agora un aspecto desolador.

 Tamen se puido ver algún veraneante por Piño, pero non sei porque ata agosto non chegan en maioría.

Nas imaxes podemos ver a Benito e Pepe rexuntando a casa do Ferreirolo que fai uns anos mercou a Maruja e Pepe da Visita, tamén podemos ver no atrio a Anthony e a tres netos da Elena. 

En xullo é tempo de sega. Os nosos gandeiros andiveron  todo o mes  pasado na herba e neste rematan e comeza a sega dos cereais .

Nas imaxes podesdes constatar a cantidade de bolos de silo que hai en distintos lugares da parroquia, e os de herba seca tamén están xa nas palleiras.

O Fernando de Peruchela segou a zona común do local social e o Manolo de Gallego zonas comúns da Igrexa parroquial, e o Pepiño da Yolanda a área común do Souto Grande e tamén o camiño do Rubió que estaba cego.

O día catorce houbo feira en Rubián, meor dito houbo a feira Outrora de Rubián.

O Pobo de Piño sempre aporta algún artesano.

O Lino e o Carlos  pola casa do Justo. Lino era o último zapateiro de Piño  dende que se xubilou afecionouse a facer cestos e caiados. REF. 2011 e Carlos espuxo para venta prantas pra cociña e hortalizas da terra.

Eu mesma tamén acudín no 2009 cun posto que asemellaba a fotografía antiga cunha explosición adicacada ao meu avó Fernando Rguez Salgado, fotógrafo e anticuario da zona.

E neste 2017  Herminia de Peruchela tamén  levou a exposición e venta uns cestos feitos con papeis de xornais e frores secas pintadas.

0
0
0
s2sdefault